ESCRITO DIRIXIDO Á FISCALIA DE FERROL
XXX con DNI nº XXX domiciliado en XXX
Expón que tivo coñecemento de que polo antigo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 3 de Ferrol e nas dilixencias previas 443/2007, ditouse auto polo cal se dispón que, os feitos denunciados pola Guarda Civil con data 7 de maio, puideran ser constitutivos dun presunto delito de DESOBEDIENCIA GRAVE Á AUTORIDADE, DESÓRDES PÚBLICOS E COACCIÓNS GRAVES, imputándose a súa comisión a un colectivo de mariscadores e pescadores de Ferrol.
Quen expón, quere poñer en coñecemento desa Fiscalía, que tamén participou nos feitos polo que foron abertas dilixencias, sen alcanzar a comprender por qué só se dirixiu a investigación ao colectivo de mariscadores cando moitos deles non participaron nos feitos, aínda que de ter intervido, estaría plenamente xustificado dado os graves danos que coa súa acción trataban de evitar.
Non parece axustado a Dereito que se procese a estas persoas polo só feito de ter identificado o seu barco, sen comprobar a súa participación e non chamar a declarar a outras moitas persoas que si participaron, entre as que se encontra a persoa que asina esta denuncia.
Polo exposto,
SOLICITA DA FISCALIA, proceda a pedir ao Xulgado Instrutor que tome declaración á persoa asinante para unha maior comprensión e comprobación dos feitos e sobre a súa participación nos mesmos, co obxecto de proceder á constitución plena das responsabilidades, se existisen.
Ferrol, 27 de maio de 2010
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario