31 may 2010

V Asamblea Anual do Foro de Inmigración de Galiza

A asamblea baixo o lema: Repensar a nosa práctica asociativa analizou a realidade do asociacionismo inmigrante en Galicia, a participación social deste colectivo, para propor propostas e alternativas utís para as persoas e as asociacións de migrantes. Ademáis a Declaración do Foro, recolleu as principais demandas e propostas traballadas no último ano: Loita contra o cambio da Lei de Estranxeiria; contra a persecución das persoas inmigrantes en situación irregular; apoio á despenalización do top-manta; alternativas a actual política en temas de inmigración da Xunta de Galicia; denuncia de actuacións discriminatorias contra o colectivo e posicionamento contra a tentativa de limitar o empadroamento de persoas en situación de irregularidade administrativa.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: