10 jul 2010

Manipulación da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia

O GRUPO MUNICIPAL DE ESQUERDA UNIDA DENUNCIA A FALSEDADE DAS MEDIDAS ANUNCIADAS POR SANIDADE NO QUE ATINXE AS PROBAS RÁPIDAS DO VIH

EN FERROL, SERÁ A ASOCIACIÓN LAZOS A QUE COSTEARÁ INTEGRAMENTE AS PROBAS, ÁS QUE A CONSELLARÍA DE SANIDADE NON ADICA UN PESO

ROBERTO ARTABE DENUNCIA O DESINTERESE E A HIPOCRISÍA DA CONSELLEIRA FARJAS



O Grupo Municipal de Esquerda Unida denuncia o desinterese e maila hipocrisía da Consellaría de Sanidade da Xunta de Galicia diante do anuncio feita pola mesma conselleira acerca da realización das probas rápidas do VIH, un test que permite obter un primeiro resultado nuns poucos minutos.

Roberto Artabe denuncia a realidade moi outra que acontece na nosa cidade. En Ferrol, as asociacións que a realicen terán que custear de maneira íntegra o custo do reactivo para a realización da devandita proba sobre o virus de inmunodeficiencia adquirida. Hai que salientar que os custos da proba rápida non se cinguen só o feito físico da realización da proba, porque o proceso esixe contar cunha persoa que dea a información e o asesoramento no proceso ( counselling VIH, ou o soporte psicosocial ás persoas que realizan a devandita proba rápida ). Para nada disto contempla a Consellaría dotar económicamente o programa


Non semella moi ético presumir diante dunha medida na que a Consellaría de Sanidade non fai nada, e que recae de maneira integra nas entidades que están a desenvolver, cunha crónica precariedade de medios materiais e de plantilla, unha loita sanitaria e social de primeira magnitude.

A Xunta do PP volve a retratarse ao atribuírse unha medida da que non ten mérito algún e para a que non dispón un só euro. A Xunta do PP expresa pola vía dos feitos, non no fume mediático, o seu verdadeiro desinterese polo afortalamento do sistema público de saúde galego e a súa aposta pola concepción da saúde pública como unha oportunidade de negocio privado.
Pilar Farjas tenta reducir un dereito fundamental recollido na Constitución e no Estatuto nunha mercaduría. O noso Grupo quere denunciar esta situación.
Fonte IU

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: