23 sept 2010

Resolución da Asamblea Comarcal de “Refundando a Esquerda” ,no referente a folga xeral do 29-S.

A asamblea comarcal de Ferrolterra manifesta o seu apoio á folga xeral convocada para o vindeiro 29 do presente mes polas confederacións sindicais de CC.OO a UXT e a CIG.
Esta asamblea defende a necesidade dunha folga xeral para deter a ofensiva do neoliberalismo que no Estado español e no conxunto da Unión Europea estase a traducir nos axustes económicos brutais inxustos socialmente e regresivos laboralmente.
O goberno español está a poñer o poder político ao servizo do capital poñendo en bandexa a posibilidade do desmantelamento completo do estado de benestar e das conquistas sociais derivadas da loita secular do movemento obreiro. Un estado de benestar e unhas conquistas que, cos seus sistemas de educación e sanidade, pensións e protección social, salarios mínimos e dereitos sociolaborais básicos, implican unha certa redistribución da renda exercida polo Estado que, de non facerse, contriburía a aumentar a o proceso de acumulación de capital. Eis o que se pretende: nin máis nin menos que esa porción de renda sexa trensferida ás mans do capital.
Ante esta situación a asamblea comarcal de Ferrolterra de Refundando a Esquerda fai un chamamento a participación na folga xeral e convoca a facer un esforzo a prol da unidade sindical.
Ferrol a Xoves 23 de Setembro do 2010
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: