A meirande parte das persoas encarceradas no campo proviñan de Asturias, por este motivo o propio presidente do Principado Vicente Álvarez Areces comprometeu a súa asistencia a este acto de reparación, nunha reunión mantida con membros do comité organizador na sede do Goberno asturiano o pasado mes de abril, e a colaboración institucional do seu executivo.
Agárdase que ao acto acudan desde esta comunidade autónoma centos de familiares de represaliados e asociacións. O Concello de Cedeira celebrará paralelamente un acto de recordo e homenaxe aos membros da corporación municipal republicana da vila, que sufriu a represión e morte por parte dos sublevados contra a orde constitucional.
Desde o comité organizador invitan a familiares e achegados a se pór en contacto para participar no desenvolvemento do evento nos teléfonos 635 470 038 ou 660 571 291.
No hay comentarios:
Publicar un comentario