Manifestación en Compostela,o domingo 21 de novembro,ás 12 horas,co lema:
“Pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública”.
O agravamento de que a Xunta de Galicia reduzca os orzamentos da Consellería de Sanidade nun 4,9 % con respecto ó 2010,e que no 2010 xa foran menores que no 2009, reflicte a falla total de compromiso da Xunta de Galicia do P€P€ coa Sanidade Pública, mentres seguen aumentando os concertos coa privada e a privatización de servizos
Premede para ollar a nota de prensa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública de Ferrol sobre a falla de compromiso da Xunta de Galicia coa Área Santiaria de Ferrol nos Orzamentos do 2011
Diante da presentación dos orzamentos da Xunta para o ano 2011 e no relativo á Área Sanitaria de Ferrol queremos manifestar o seguinte:
Non existe ningún compromiso coa Sanidade Pública en Ferrol e se quere levar á Área Sanitaria de Ferrol ó furgón de cola, como xa estivo ata hai poucos anos, situación que se mellorou coa incorporación do Hospital Naval.
• So se consignan 3.6 millóns de euros para o Complexo Hospitalario e para á licitación dos centros de Saúde de Ares e A Capela, cantidades que so permitirán acometer pequenas obras de mantemento e algún dos proxectos do anterior equipo directivo. Para os centros da Capela e Ares se agarda entregalos en mans de constructoras privadas que farán que a obra sexa moito máis custosa para a Sanidade Pública e que mesmo, segundo declaracións da Conselleira de Sanidade, se lles permitirá ter espazos comerciais dentro dos centros de saúde, logo virán os de Cedeira e Narón.
• Segue a falarse de cantidades ridículas para o desenvolvemento do Plan Director do Complexo Hospitalario e os 63 millóns de euros que estaban comprometidos en tres anos para axeitar o Hospital Naval ás necesidades asistenciais, e que desapareceran coa actual Xunta de Galicia, seguen desaparecidos. Mentres cada ano se concertan 12 millóns de euros co Juan Cardona.
• Non aparece cantidade ningunha para o Plan de Alta Tecnoloxía, como xa sucedeu no 2010. Mentres, e grazas ó concerto de 12 millóns de euros anuais, o Hospital Juan Cardona, con ese diñeiro público, acaba de mercar unha resonancia magnética de última tecnoloxía ( recordar que nesa proba radiolóxica hai un ano e incluso máis lista de espera).
• Non hai consignación orzamentaria para o Centro de Saúde de Serantes, que xa tiña elaborado un proxecto constructivo co que os usuarios do rural de Ferrol seguiran recibindo asistencia en condicións precarias.
• Segue paralizado o Plan de Mellora de Atención Primaria que ía posibilitar que esta fose moito máis resolutiva e reduciría as longas listas de espera existentes e crearía case 30 postos de traballo nesta Área Sanitaria.
• Non se ten en conta para nada a demanda social desta comarca de creación dun Centro de Referencia para todo Galicia de Enfermidades Profesionais obviando a grave problemática do amianto.
• Segue sen facerse a Unidade de Diálise de Crónicos, que xa estaba comprometida polo anterior Equipo Directivo, nunha aposta decidida por seguir favorecendo a centros privados.
En definitiva non se aposta pola Sanidade Pública senón que se seguen poñendo os chanzos en favor da Sanidade Privada e do establecemento do Copagamento. Non se ten en conta que a Área Sanitaria de Ferrol atende a preto de 200.000 persoas e que o envellecemento da poboación e a situación de desemprego fai que a demanda sanitaria aumente e, polo tanto, o incremento do gasto sanitario sexa maior.
Tamén queremos denunciar o agravamento das condicións de traballo do persoal da Sanidade Pública, o que se lle incrementa a carga de traballo coa reducción de contratacións que se ven facendo no último ano. Negándolles dereitos como os días de permiso, licenzas etc.
Por outro lado a constatación de que a Xunta de Galicia vai reducir os orzamentos da Consellería de Sanidade nun 4,9 % con respecto ó 2010 e que no 2010 xa foron menores que no 2009, reflicte a falla total de compromiso da Xunta de Galicia coa Sanidade Pública, mentres seguen aumentando os concertos coa privada e a privatización de servizos.
http://www.diariomedico.com/2010/10/21/area-profesional/sanidad/xunta-destinara-2011-sanidad-49-por-ciento-menos-que-este-ano.
Por estas e outras moitas razóns esta Pdspf imos participar na manifestación que se celebrará en Compostela o domingo 21 de novembro ás 12 horas “Pola Defensa e Mellora da Sanidade Pública”.
Ferrol a 31 de outubro de 2010.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario