28 feb 2011

4.000 Persoas,berraron onte en Vigo ¡¡A ría non se vende!!

4.000 persoas, segundo a plataforma "A ría non se vende", participaron onte nunha manifestación contra os recheos na ría de Vigo
Xa pasan de 3 millóns de metros cadrados o cimentado e recheado na ría de Vigo ,e parece que non lles abonda que queren seguir cos recheos.
Ao final da marcha tivo lugar un "Xuízo popular" contra os responsables da Autoridade Portuaria.

"A ría non se vende" reiterou a súa petición de que se derruben todas as edificacións que hai en chan portuario e que non teñen relación coa actividade portuaria. Entre elas, o edificio administrativo da Xunta ou o centro comercial da Laxe. Tamén se pediu a desaparición dos portos deportivos ilegais.
Se premedes o botón,ollaredes o acta do "Xuizo Popular"
Para ollar máis info:


http://plataformadefendemos.blogspot.com/2008/11/manifestacin-contra-o-plano-integra-en.html

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: