15 feb 2011

CHARLA DA MARCHA MUNDIAL DAS MULLERES EN FERROL

As mulleres galegas traemos as voces das mulleres do Congo
SALÓN DE ACTOS DA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE FERROL,18 de Febreiro,de 19:30 a 21:00
INTERVIRÁN: TEREIXA OTERO, membra do Comité Internacional da Marcha Mundial das Mulleres BEATRIZ TATO, delegada galega na Mobilización Feminista Internacional do Congo Beatriz Tato e Tereixa Otero, integrantes da Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres, contarannos as súas experiencias e vivencias durante a participación, o pasado mes de outubro, no peche da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, que tivo lugar na localidade de Sud Kivu, na República Democrática do Congo. O obxecto central desta acción foi debater e difundir as reflexión feministas sobre a paz e o antimilitarismo, denunciar a situación de violencia extrema que sofren as mulleres naquel país, por mor do eterno conflito polo control dos recursos mineiros, e fortalecer e visibilizar o importante papel das mulleres nos procesos de paz.
¡¡MULLERES EN MARCHA ATÉ QUE TODAS SEXAMOS LIBRES!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: