16 feb 2011

O gaseiro nº 85 mantense a "deriva" pola costa galega

O gaseiro “SCF Polar” que tiña previsto descargar hoxe,tivo que cancelar a entrada na ría.
A alerta vermella na costa galega,impide tanto a entrada deste,como a saida do “Cheikh el Mokrani”,este último tiña que ter entrado o venres,pero as condicións meteorolóxicas llo impediron ata onte.Motivo polo que o “SCF Polar” xa tivo que cancelar a sua entrada,concedida para onte.
Nestes intres adicase a dar voltas pola costa galega,en espera de "mellores ventos".

O Comité de Emerxencia,nun traballo exhaustivo de seguimento ,ven de facer público o cadro de incidencias da entrada do "Chiekh el Mocrani" no día de onte

Normas marítimas de navegación para os gaseiros,dentro da ría de Ferrol.(Datos da Secretaria Xeral de transportes/Dirección Xeral da Mariña Mercante/Capitania Marítima de Ferrol)

Estas incidencias,aparte de por en perigo o tráfico marítimo nas nosas costas,e na ría de Ferrol,supón un coste engadido,que pagamos @s consumidor@s nas tarifas de gas e electricidade

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: