Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga
Fotos da manifestación
Premer para ler o manifesto
As organizacións asinantes deste manifesto CONSIDERAMOS que:
A auga é fundamental para as persoas, os animais e as plantas; é indispensable para a vida e para o sostemento do planeta polo que debe considerarse pública e universal, e debe cumprir antes de nada una función social de alimento e de hixiene. Neste sentido toda normativa sobre as augas deberá prohibir que se privatice, se saque beneficio ou se especule coa auga.
As organización asinantes asumimos a sustentabilidade e a racionalidade como principios nos que asentar a xestión deste recurso básico para a vida.
Os gobernos deben garantir o subministro e a calidade da auga para o consumo e o uso responsable a toda a poboación, con independencia de si viven no rural ou en áreas urbanas ou do grado de dispersión do asentamento. Tamén deben garantir os gobernos auga suficiente e de calidade para os animais e para a agricultura labrega como actividade de produción de alimentos para a poboación.
A Lei de Augas de Galicia, supón o apropiamento e a privatización de todas as augas de Galiza, fixando ademais prezo a auga, un canon que establece sobre toda a auga, a maiores do prezo do subministro que determinan os concellos ou as entidades subministradoras e a maiores tamén do canón de vertido ou coeficiente de vertedura.
Ata o de agora pagamos polo subministro e a depuración, cando se nos prestan eses servizos. Con esta lei amais de pagar polo servizo, pagaremos polo ben, a auga pasa a ter un prezo.
Todas as augas sexan de subministro público ou dos veciños, da superficie ou do subsolo, nazan en finca pública ou privada, incluso a da chuvia e a do mar, de aproveitarse haberá que pagar un prezo.
A lei traspasa todas as competencias en materia de augas que ten Galiza a unha empresa: Augas de Galicia que funciona segundo o dereito privado e é xuridicamente unha S.A., convertendo a esta empresa na administración única e ordinaria da política de augas en Galicia, dándolle todas as competencias que nesta materia lle corresponde á Administración da Comunidade Autónoma.
Á vista dos plans de axustamento estrutural dirixidos polo FMI e o Banco Mundial, que se están a aplicar en cada vez máis lugares de Europa provocando unha histórica recesión dos dereitos sociais adquiridos durante as últimas décadas, a Lei de Augas senta as bases para a transferencia futura do 'capital auga' a calquera transnacional, coa máis que posíbel privatización de Augas de Galicia.
Limita a autonomía municipal, obrigando aos concellos a actuar ao servizo da empresa Augas de Galicia, coa obriga de cobrar o canon, sometendo a planificación urbanística a seu ditame, supervisando a administración local nas competencias propias en materia de augas, quitando a potestade de dar permiso de obras cando as acometa a empresa Augas de Galicia.
A Directiva 2000/60/UE, di textualmente ao inicio: 'A auga non é un ben comercial como os demais, se non un patrimonio que hai que protexer, defender e tratar como tal', polo que a Lei de Augas de Galicia é contraria ao espírito desta Directiva ao nomear como administración única en materia de augas a unha empresa de dereito privado, que funciona segundo as leis do libre comercio. Amais esta Directiva comunitaria obriga a protexer as augas pero non a establecer uncanon polo uso delas.
Asemade, Nacións Unidas aprobou o 28 de xullo de 2010 o proxecto de resolución A/64/L.63/Rev.1, na que “Declara o dereito á auga potábel e o saneamento como un dereito humano esencial para o pleno goce da vida e de todos os dereitos humanos”. Os dereitos humanos nin se compran nin se venden, e moito menos deben ser suxeito de negocios.
E PROPOÑEMOS:
1- A derrogación da Lei de Augas de Galicia.
2- Que todas as augas de Galicia sexan consideradas na lexislación un dereito fundamental para a vida das persoas, os animais e as plantas. Un ben universal, social, de propiedade común e de xestión pública e participativa,
3- Que os gobernos e as institucións asuman a súa responsabilidade como factor contaminante e como planificador e transmisor de hábitos de vida e consumo pouco respectuosos co medio ambiente e que establezan medidas correctoras: á construción de grandes infraestruturas, á acumulación de poboación en cidades, aos asfaltados masivos de grandes áreas urbanas, á promoción de industrias contaminantes, aos incentivos ao consumismo, á canalización de acuíferos, á contaminación por acumulación en encoros, ao non separar as augas pluviais, etc.
4- Priorizar e establecer a gratuidade para o uso da auga como alimento e aseo para as persoas, os animais e a produción de alimentos no marco da soberanía alimentaria
5- Impedir a construción de mais centrais hidroeléctricas e que as existentes revertan ao público no remate da súa concesión; impedindo tamén o transvase de auga a outras comunidades.
6- Prohibir por lei a privatización das augas, incluído o subministro e a depuración que deberán ser públicos e de xestión municipal, veciñal ou particular dependendo da propiedade das instalacións.
En Santiago de Compostela, a 20 de marzo de 2011
6 comentarios:
BOICOTE? De quen?
De todos os que non están ,vese craramente.No Concello de Ferrol,firmaron 3 partidos contra o merdo decreto,eu so ollei xentes de EU.Nos sindicatos o mesmo,cada un polo seu lado.
Se o que pensabas,é que penso nun,trabucaste,foron moitos o meu pesar.
Saúde
Aparte da famosa campaña dos do P€P€,en TV,Radio e Prensa
Hai suso, novamente, se te ve o plumeiro. Tes que ollar mellor, o BNG, tamén apoiaba a manifestación, de feito moitisimos/as militantes do BNG participaron na mesma, acaso non estaba por ali o Beiras, o Jorquera etc.
Na mani do domingo habia moitisimos militantes do BNG, atrevome a dicir que a maioria dos que participaron.
Tes que comprender, de todos modos, que estamos asistindo a unha epoca de moitisimas mobilizacións e iso queiras ou non resta xente, que non pode ir un domingo si outro tamén a compostela, estamos en crise e desprazarse custa cartos.
Por certo eu si que non vin a ninguén de IU nen a ti na mani do dia 13 en defensa do dereito de Galiza a Producir e traballar e en contra da privatización-usurpación das caixas de aforro...
Iso, creo eu, tamén é importante non cres?
Se non fun o día 13,foi por ser en Compostela,e para facer algo cada tres días como se pretende,penso que é mellor facelo,como xa se fixo (e tampouco puden ir)nas oficinas do INEN,ou nos Concellos.
O que dis do plumeiro,ao único que se lle ve,é a ti,que eres do BNG.Eu estou ceibe de afiliacións, movome según vexa racionalidade e unidade nas cousas,é unha decisión persoal miña,penso que teño dereito.
Repetirche que o BNG NON estivo presente,tal como recollo nas fotos,vese todo.Poderas ollar que SI hai moit@s compañeir@s do partido nacionalista,e ata podes contar aos de Galiza Nova,(achegaronse 3) .
AH! tamén viñeron compañeir@s da CIG,e outros,pero tod@s a titulo individual.
Saúde
Si estaba Jorquera, Bascuas e Rubén Cela, pero non estaban os que fixeron unha manifa a semana anterior. Beiras e o Encontro Irmandiño si que chamaron a participar na manifestación. Onde estaba Pacorro e Nandi? E Barcia e Secundino?
Publicar un comentario