11 mar 2011

"MARZO 1972. UNHA FERIDA SANGRANTE"


Artigo de Rafael Pillado,publicado onte no Diario de Ferrol
MARZO 1972. UNHA FERIDA SANGRANTE
Estamos diante dun novo aniversario dos sucesos de marzo de 1972. Xa pasaron 39 anos desde aqueles acontecementos que estremeceron Galicia, España e deron a volta ao mundo. Un fito na historia do movemento obreiro galego e español.
É momento de recordar a cantos compañeiros quedaron no camiño e as súas familias, especialmente de Amador e Daniel. Pero tamén dos moitos feridos, despedidos, encadeados, etc. E pese a todos os sacrificios, alcanzamos as liberdades democráticas e autonómicas.
Segue sendo ocasión para a reflexión de cantos sentimos a necesidade de loitar polo avance do mundo do traballo, e da sociedade enteira. Máis aínda, cando estamos diante dunha agresión histórica ás conquistas sociais e ao desenvolvemento democrático, camiño de arrumbar o que coñecemos como “Estado do benestar”, se non o remediamos todos xuntos. É ocasión tamén para aprender das limitacións do movemento obreiro hoxe. Porque, pese a ter enriba a ditadura no 72, os traballadores camiñamos xuntos, afrontamos a defensa dos nosos dereitos e reivindicacións, e xuntos estivemos contra a represión.
Os sucesos do 72 formaban parte do combate contra da ditadura dos diversos pobos de España. Tiña en común o combate do mundo do traballo por mellorar as condicións de vida e conquerir a Democracia. Era tamén a expresión de clase do movimiento obreiro a escala mundial.
E hoxe teremos que afrontar esas agresións, e tamén combatir os intentos de reescribir a historia.
É o caso da reportaxe que, no Diario de Ferrol publicaba o domingo 6 de marzo Rosa Cal. Aparentemente, intenta presentarnos a súa ”investigación” como un canto aos sucesos de marzo de 1972 en Ferrol. Mais, se un repara no que dí, inmediatamente atopa a deformación dos feitos históricos.
Moi “preocupada” pola información que reciban as novas xeneracións, dí o seguinte: “había una infraestructura clandestina de partidos de izquierda y dentro del sector católico en la ciudad había Jocistas, Hoacistas y una decena de curas sociales, activistas que apoyaban a los obreros”. “En la ciudad salía un periódico local desde 1969, Ferrol Diario, dirigido por Eugenio Pontón…”. “Pero la información más clara, contundente y comprometida era la clandestina”.
Agrega: “voy a reproducir unos párrafos de un informe de la UPG (Unión do Pobo Galego), firmado por Xosé Ramón Revoiras (Moncho Revoiras), que años después, fue muerto en un portal de la calle de la Tierra”. Non ten desperdicio a referencia. En primeiro lugar, porque Moncho Reboiras non “fue muerto”, foi asasinado pola policía franquista sen ningunha contemplación. Pero Moncho Reboiras nada tiña que ver nin co movimento obreiro ferrolán nin cos acontecementos que comentamos. En segundo, que en Ferrol tamén había edicións de El Ideal Gallego, La Voz de Galicia, El Correo Gallego, etc., que deron referencia dos acontecementos. En terceiro, se había “una estructura clandestina de partidos de izquierda”, ¿terán nomes e apelidos?
Ó parecer, estaba so a UPG, á que a señora Cal fai referencia ao seu informe e non recolle ningunha outra aportación.
Na súa “investigación” non existían as Comisións Obreiras, a única estrutura sindical que dirixiu o movimiento obreiro durante todos esos anos, nas que participaban diversas sensibilidades da esquerda. Non existían dirixentes obreiros, con nomes e apelidos. E non existía un informe das CCOO que tamén percorreu o mundo.
¡E claro que existía un movemento cristián, e un grupo de curas que colaboraba coas Comisións Obreiras! Pero non era “que apoyaban a los obreros”. ¡Era un apoio ó movemento obreiro organizado, con dirixentes propios!
¿Tampouco existía o Partido Comunista de Galicia, fundado no ano 1968, continuando a loita dos comunistas, que viña de lonxe, e peza clave da oposición?
E por último, a señora Cal dí que foron detidos diversos persoeiros. Todos eles alleos a Bazán, salvo Toxo e Paco Balón.
¿Onde estaban Aneiros, Filgueiras, Amor, Riobó, e tantos outros que dirixían aos traballadores e que acabaron cos osos na cadea? ¿Cómo pode chamarse “investigación” a reportaxe de Rosa Cal, se desoñece o que tantos ferroláns saben? Lamentable, coño.
Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Lamentable coño é o sectarismo que rezuma no seu escrito o señor Pillado.

Eu non sei a que se debe este ataque furibundo a un artigo que bebe das fontes do nacionalismo organizado. Parece que o señor Pillado só quere que se escriba a historia desde o seu punto de vista,esquecendose que o nacionalismo galego tamén existia e tiña unha estructura organizada aínda que esta puidera ser incipiente e pode que débil.

O que lle doe a Pillado é que se saiba que a UPG e o nacionalismo galego tamén existia e facia traballo nesa epoca, incluido Moncho REboiras, que traballou nos estaleiros da nosa ría e organizaba na medida das súas posibilidades unha estructura obreira nacionalista.

AS fontes dun historiador poden ser múltiples e igualmente validas, e tamén vai sendo hora que se comece a contar a historia desde outros puntos de vista e non sempre desde a oficialidade española.

Parece que o que lle molesta a Pillado é que diga que o nacionalismo existia e facia traballo, porque en ningun momento di que o que conta o artigo sexa mentira, porque el sabe que non o era.

Susete70 dijo...

A ver ti leiches?
O que desacredita Rafael,é a esta chamada Sra,que pretende cambiar a historia ela soiña,para nada Rafael deslexitima nin desacredita a loita de Moncho Reboiras.Pero a loita de reboiras non era a que tiñan os estaleiros,(penso que estarás dacordo conmigo)
Tamén existía a CNT e moitos outros,pero a mal chamada Sra,fala da movilización e os asasinatos do 72
Non lle quites punta meu,ou sempre imos estar a quitar punta un@s a outr@s.
Eu respeto calqueira artigo que eu considere de esquerdas,indistintamente da sua procedencia,animate,o que hai é que crear e discurrir
saúde