As autoridades xaponesas han advertido de que podería producirse unha pequena fuga radioactiva nun reactor da central de Fukusima-Daichii por un fallo no sistema de refrixeración provocado polo terremoto de 8,9 graos rexistrado este venres na costa nororiental do país.
A empresa propietaria da central, a Corporación de Enerxía Eléctrica de Tokio (TEPCO), informou de que a presión aumentou dentro do reactor despois de que se averiara o sistema de refrixeración como consecuencia do sismo. A presión no reactor incrementouse até alcanzar 1,5 veces a capacidade para a que está deseñada esta instalación.
O portavoz do Goberno xaponés, Yukio Edano, dixo en rolda de prensa,que o vento levará a radiactividade ao mar,e que a cantidade prevese que sexa pequena
Fai uns días,a Fundación para a Análise e os Estudos Sociais (FAES), o laboratorio de ideas vinculado ao P€P€, e presidido por José María Aznar. Presentaba un informe de 185 páxinas,no que o P€P€ aposta pola enerxía nuclear,pedindo máis centrais nucleares,extensión da vida das actuais,e esquecerse paulatinamente das renovables, cuxo custo está a xerar "graves problemas económicos".
Para o P€P€ está claro,1º revocar o cerre da central de Garoña,2º alargar a vida das seis centrales nucleares restantes,ata, como mínimo, 60 anos (en lugar de 40) e 3º iniciar un plan de selección de emprazamientos para novas centrais".
A noticia http://www.elpais.com/articulo/espana/fundacion/PP/defiende/nucleares/subvencion/energias/renovables/elpepunac/20110309elpepinac_13/Tes This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario