29 mar 2011

“NON Á GUERRA IMPERIALISTA”

Audio do chamamento de Radio Filispím
Gran parte da diversidade da esquerda galega,dase cita mañá na Praza de Armas,para rexeitar a intervención do estado español contra o pobo libanés.
Diversas forzas politicas,sindicais e Asociacións,sumaronse xa a concentración.UL, CNT, BNG, EU, Colectivo Ártabra21, A.C.Fuco Buxán, etc... 

Martes,29 de Marzo,as 20:00h,na Praza de Armas-Ferrol
A "Asamblea Popular contra a Guerra" manifesta e denuncia:

Libia: un país que posúe o 3,3% das reservas de petróleo do mundo, e que se atopa xeoestratéxicamente situado en medio de países con recentes e importantes cambios políticos, está sendo atacado por unha coalición de países ricos.

Unha vez máis, atopámonos que ante as revoltas que están a suceder nunha parte do mundo (esta vez, o Norte de África) as potencias occidentais emerxen coma xuices do planeta e, abanderados por Estados Unidos, co Premio Nóbel da Paz á súa cabeza, optan optan por exercer o control sobre estes levantamentos para así defender os seus propios intereses.

O método: a intervención armada. A excusa que elexiuse deixa ver a hipocresía dos gobernos que a promoven: a axuda humanitaria. Nunca se viu que a maneira de protexer aos civís sexa bombardeando ao pobo.

Unha segunda guerra líbrase actualmente nos medios de comunicación, onde os interesados lograron unha polarización da nova, dándose a entender que se non estás a favor desta guerra "legal" estás a favor do dictador Gadaffi. A realidade non é esta.

Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Suso:

non te vin na mani do pasado xoves en contra da guerra, na praza de Armas.

Tiñas ocupacións ou desta vez si que podo pensar mal e non fuches porque tivo a iniciativa o BNG?

Susete70 dijo...

Podes pensar o que adoites,cando te identifiques igual ata che dou un bico,como ollas tanto por min :))
Non teño que rendir contas máis que coa miña cabeza.
Estiven ben na de hoxe,na que participou o BNG,(si pensas que lle teño alerxia confundeste)
Felicitar a toda a xente,en xeral tod@s foron sen bandeiras.A Paz non ten donos :)
Saúde,
PD.a próxima identificate,eña que sei que queres un biquiño :)))

Anónimo dijo...

O BNG sempre fai convocatorias sectarias e non unitarias. Non verías a Suso como non verías a moita xente que está, de verdade, en contra da guerra de Libia e a intervención militar da Otan e achegados.
Tampouco te vimos a tí en Compostela en contra da privatización da auga e si te vimos a prol de que Endesa siga sendo a empresa máis contaminante de Europa