14 mar 2011

O hara-kiri do Xapón, 腹切 o 腹切り

Falase xa de unhas 10.000 persoas desaparecidas despois do tremor de terra e posterior tsunami que azotaron a illa de Xapón,Según datos da NASA,a illa parece que se desplazou uns 2,4 m,segundo se ve nas imaxes de satélite tomadas antes e despois da traxedia.

Este domingo dúas plantas máis declararon a alarma, a de Onagawa e a de Tokai.
Fai só tres anos outro tremor provocou fisuras nas torres de refrixeración da planta de Kurihara polas que escapou material perigoso e que terminaron danando o núcleo. Un ano antes, a central de Kashiwazaki tamén vertió auga contaminada ao mar por culpa doutro tremor.

OS DEBERES MAL FEITOS POR PARTE DO GOBERNO NIPÓN
Unha vez rematada a II Guerra Mundial,Xapón veuse "obrigado" a firmar un tratado .Dito tratado constaba de tres principios,os chamados
Tres principios non nucleares
1º- Principio de non produción de armas nucleares: con este principio Xapón comprométese a non fabricar ningunha arma de tipo nuclear.


2º- Principio de non posesión de armas nucleares: desta maneira, en ningún momento Xapón se aprovisionará de armas de tipo nuclear.


3º- Principio de non autorización de armas nucleares sobre o seu territorio: co obxectivo de que ningún país lindeiro poida abastecerse de armas de tipo nuclear.

A día de hoxe, converteuse non só nun país pacífico, senón tamén pacifista, adoptando estas medidas e respectándoas e ratificándoas.Ata aquí todo pinta moi lindo,pero.......
.....
O que non se contemplou no tratado,foi a liberdade de Xapón para a explotación enerxetica nuclear
Xapón condenou a illa a sua devastación.
Situada na zona sismolóxica máis activa do planeta,e cos posibles tsunamis que poidan producirse a raiz dos tremores.Os gobernantes nipones adicaronse a unha construcción maxiva e indiscriminada de centrais nucleares.Nestes intres Xapón ten preto de 50 centrais de enerxía atómica,(das que a maioría funcionan con reactores de auga en ebulición),duas achanse actualmente en construción, e xa contaban con erixir 12 máis.


Hai quen gosta de números,soamente un..
Despois do accidente na Central Nuclear de Chernobil,quedaron directamente afectados 155.000 km²,(aparte da nube radioactiva que percorreu Europa)
Xapón ten unha superficie de 377.835 km²


Non aprobeitaron a enerxía das ondas mariñas,nin as renovables,sua política enerxética baseouse nas centrais nucleares.


Terán que reflexionar non so eles,o planeta enteiro ten que arranxar dunha vez con todas os problemas de abastecemento,e buscar o desnrolo sostible do mesmo
Agora,despois da traxedia toca reflexionar onde imos,e humanizarnos co sufrido pobo Nipón



Neste video o físico nuclear Manuel Fernández-Ordoñez analiza para o diario "El País",o accidente na central nuclear de Fukushima-Daiichi.




Dúas embaixadas europeas en Xapón, as de Alemaña e Francia, recomendaban onte aos seus compatriotas abandonar a zona de Tokio debido ao risco nuclear.A embaixada española limitouse a dar na sua páxina web,as clasicas recomendacións para catastrofes naturais



Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: