13 mar 2011

ÚNETE a "Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga"

CONVOCATORIA ABERTA A TODA A CIDADANÍA,ASOCIACIÓNS OU COLECTIVOS 
( Luns 14 de Marzo, ás 6 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.)
Información recolleitada do novo blog da Plataforma; http://auga-dereito-humano.blogspot.com/
Para calqueira dubida; augadeferrolterra@gmail.com

O pasado 6 de Marzo de 2011, reunimo-nos en Ferrol nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro, en réxime de auto-convocatoria, representantes de varias organizacións e colectivos, así como persoas a título individual, co obxectivo de debater o significado e consecuencias da recentemente aprobada "Lei de Augas de Galicia" e constituír unha plataforma unitaria de ámbito comarcal, co obxectivo de conseguir a derrogación da "Lei 9/2010, do 4 de Novembro, de Augas de Galicia".
Logo de varias roldas de intervencións e un construtivo debate acordamos o que segue:

1.- Constituír a Plataforma, conformada, provisionalmente, pola Asociación Cultural "Fuco Buxán", Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza -ADEGA, Asociación Veciñal de Esteiro, Asociación Veciñal de Prioriño, Bloque Nacionalista Galego -BNG, Colectivo Ártabra 21, Esquerda Unida -EU e Refundación da Esquerda de Ferrol Terra. Denominando-nos "Plataforma de Ferrol Terra pola Defensa da Auga"

2.- Que esta Plataforma está aberta á incorporación de calquera organización, asociación, colectivo ou entidade que coincida cos obxectivos formulados.

3.- Asumir como propio o Manifesto Conxunto contra a Lei de Augas de Galicia e elaborar unha sinxela "Carta de constitución da Plataforma de Ferrol Terra en Defensa da Auga", a modo de presentación.

4.- Apoiar a Manifestación, pola derrogación da "Lei de Augas de Galicia", convocada para o Domingo 20 de Marzo de 2011, pola Plataforma Nacional que sairá ás 12 do mediodía da Alameda de Santiago de Compostela.

5.- Contratar un Auto-Carro para facilitar un medio de transporte colectivo, para desprazar-se até Compostela, para poder participar na Manifestación do 20 de Marzo. O Auto-carro sairía, ás 10 da mañá, desde as inmediacións da Praza 10 de Marzo, no barrio de Recimil

6.- Realizar dous actos de información e debate, un para o movimento asociativo e veciñal do rural de Ferrol o Mércores 16 de Marzo, ás 19:30 horas no local da Asociación Veciñal de Serantes; e outro para o movimento asociativo e veciñal da zona urbana, no Centro Cultural "Carvalho Calero", no Inferniño, ás 18:00 horas [Poñemos ás 18:00 para non contra-programar, pois hai un acto de ADEGA convocado para as 19:30]. Co compromiso de continuar con este tipo de actos logo da Manifestación do 20 de Marzo.

7.- Promover a presentación de mocións en todos os concellos da Comarca, collendo como referencia a presentada e aprobada no Pleno Municipal do Concello de Ferrol celebrado o pasado 24 de Febreiro de 2011.

8.- Abrir un debate político e cidadán sobre a necesidade do rescate ou remunicipalización da xestión da auga por parte dos concellos da Comarca.

9.- Abrir unha conta de correo-e e un sitio na Rede.

10.- Comunicar o acordado á Plataforma Nacional.

11.- Realizar unha próxima reunión o Luns 14 de Marzo, ás 6 da Tarde, nos locais da Asociación Veciñal de Esteiro.


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

No hay comentarios: