Na tradicional festa de nadal do grupo Jealsa-Rianxeira, o seu presidente, Jesús Manuel Alonso, fixo un discurso cun marcado carácter político xa que argumentou que "economía e política van intimamente ligadas". Ao fío deste argumento, falou do gobierno municipal e anunciou que que se irá de Boiro se o bipartito formado por BNG e PSOE repite ao frente do Concello nas vindeiras eleccións municipais. Jealsa pechará este ano con 400 millóns de euros de vendas e 3.500 empregados en factorías conserveiras repartidas en diferentes paises.

No hay comentarios:
Publicar un comentario