23 may 2011

"Os tempos son chegados"

"Toma la calle Ferrol" acaba de ter un importante lavado de faciana.O pasado día 15 eu queixábame de ter asistido a un acto eclesiástico,ao meu modo de ver dirixido,orquestrado e manipulado.Neste acto a miña impresión foi a que contei,aparte de percibir un claro chamamento ao abstencionismo,(Non fun o único que saíu con esa sensación,moitisim@s compañeir@s opinaban como eu,aínda que non se pronunciaron públicamente)
Nas sucesivas convocatorias e asembleas moitos activistas sociais de toda índole preferiron permanecer calados vendo como se desenvolvían os acontecementos.Os que asististes e coñecédelos,puidestes ver como estas xentes  quedaban sempre por fóra das asembleas,como satélites que pasaban polo lugar.


A xente empezou a intervir cada vez con máis énfase ,empezáronse a facer propostas políticas,sociais e ambientais.Non cabe dúbida de que calquera pode intervir e dicir algunha burrada,pero iso tamén é parte da diversidade,gústenos ou non.


Chegado a este punto,a miña sensación nestes intres,é que se empeza a estruturar algo con sentido,xa vai collendo matices políticos,aparte de sentirme aliviado de que ninguén vai poder manexar os tempos ou manipular á xente.@s moz@s e maiores cos que falei téñeno moi claro,isto é un movemento apartidista, pero político,e empezan a entender moitas cousas.


Tamén decir;que vou seguir sendo ceibe de falar,decir e trabucarme eu mesmo cando me de a gaña.





INDIGNATE,TREME,REBULE,LOITA,PENSA,AXITA,ESCOITA,MOVETE,FALA,BERRA,DESPEINATE,INFORMA,DIFUNDE,CREA...


Creative Commons License This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio

1 comentario:

Susete70 dijo...

Eliminei o comentario anterior,por ter un pouco de "paz" persoal.
saúde