6 jun 2011

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Convocatoria Asemblea Mesas Converxencia en Ferrolterra
  • Para dar unha resposta unitaria ás agresións ao estado de benestar.
  • Para exixir dos poderes públicos que atendan ao interese cidadán.

A Comisión preparatoria, convoca:

Asemblea Constituinte da Promotora de Mesas de Converxencia Social en Ferrol Terra.

Que terá lugar o Martes 7 de Xuño, ás 19:30 horas, no Centro Cultural "Carvalho Calero", na Praza do Inferniño de Ferrol.

A asemblea será pública e aberta a toda a cidadanía, coa seguinte proposta de Orde do Día para o seu debate:

Intervención de Armando Fernández Steinko, sociólogo e membro da Promotora Estatal das Mesas de Converxencia.
Propostas sectoriais:
a) Desemprego.
b) Factura eléctrica. Empresas enerxéticas.
c) Hipotecas. Desafiuzamentos. Abusos da Banca.
d) Empresas de telecomunicacións.
e) Privatización da auga.
f) Privatización da Sanidade.

Accións próximas a emprender.
Denominación da Promotora de Ferrolterra.
O obxetivo desta Asemblea é organizar a cidadanía para a mobilización fronte o abuso das políticas neoliberais

No hay comentarios: