7 jun 2011

O Principiño cabrease cando falan de República

Os feitos ocorreron o pasado martes. Unha moza decidiuse a preguntar ao príncipe Felipe sobre cando tería a oportunidade de responder nun referendo se quere vivir baixo unha monarquía ou baixo unha república. Algo que, segundo ela, inquiriulles nunha carta que non puido entregarlles.

O Príncipe:
«Como ti saberás, desde logo non me corresponde a min convocar un referendo. Eu creo no sistema, e por mecanismos democráticos todo é posible»

«o mecanismo está previsto na constitución».
«O que non lle podo dicir é que cambie de desexos, porque son contraditorios aos meus. Eu quero cumprir co meu deber, que aprendín e intento facelo o mellor posible, e é cumprir coa Constitución».

A moza contestou que esa Constitución non a votou ela e que debería ser un dereito para que a cidadanía elixise, e no seu caso, «deixar de ser súbdita».

No vídeo escóitase como unha persoa non identificada increpa á moza «Este é o único problema que tes na túa vida» e tras un pequeno corte, volve mostrar ao Príncipe, que resolve o debate cun cortante:
«Desde logo conseguiches un minuto de gloria. Conseguíchelo porque isto non chega a ningún lado».


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: