CONVOCATORIA
MARTES 28 DE XUÑO, ÁS 16:00 HORASDIANTE DO PARLAMENTO DE GALIZA (SANTIAGO DE COMPOSTELA)
O próximo martes 28 de Xuño, ás 16:00 horas, darase no Parlamento Galego o debate e aprobación por parte do Goberno do PP, da chamada “Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia”
Esta lei supón un guillotinazo aos dereitos conquistados polas mulleres, pois, entre outras cousas, reforza o concepto de familia patriarcal, introduce o recoñecemento de dereitos para as crianzas concibidas e “non natas” (unha clara estratexia de oposición ao dereito ao aborto), e incluso paraliza moitas das leis vixentes en materia de igualdade.
ORGANIZACIÓN DA ASISTENCIA Á CONCENTRACIÓN DESDE FERROLTERRA
Desde ferrolterra, varias mulleres e organizacións feministas estamos organizando a nosa asistencia a esta concentración.
Imos encontrarnos na parada de autobuses de Correos, no Cantón de Molíns, o martes 28 ás 14:15 horas.
Alí trataremos de distribuírnos nos coches de que dispoñamos. Aquelas persoas que teñan interese en acudir con nós, e prefiran facelo en grupo ou non dispoñan de medios de locomoción, poden poñerse en contacto con nós no teléfono 667 685 430, para tomar os seus datos e poder prever cantos coches imos precisar, antes do luns 27 de xuño ás 20:00 horas da tarde.
Se o desexades, podedes levar unha prenda de cor morada (para distinguirnos e poder estar todas xuntas) e cartaz ou pancarta reivindicativa.
Para aquelas persoas que prefiran utilizar o transporte público, deixamos aquí os horarios de autobuses a Santiago de Compostela:
Horarios de saída dende Ferrol
8:40-10:00
Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (Por Pontedeume-A9)
11:30-12:55
Ferrol-Santiago-Pontevedra-Vigo (Por Ponteume-A9)*
13:00-14:18
Ferrol-Santiago (Por Pontedeume y A9)
Horarios de saída dende Santiago
16:10-17:15
Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Ponteume y A9)*
18:00-19:15
Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Pontedeume y A9)
19:30-20:48
Santiago-Ferrol (Por A9 y Fene)
21:00-22:15
Vigo-Pontevedra-Santiago-Ferrol (Por Pontedeume y A9)
21:00-22:20
Santiago-Ferrol (Por A9 y Guisamo)
EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS MULLERES, NON Á LEI DE FAMILIA!!!
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario