PSdeG e CIG critican a lei de familia por ''extrema'' e ''retrógada''
O deputado do PSdeG José Manuel Lage pediu este venres á Xunta que rectifique o proxecto de lei de de familia, xa que é unha normativa "retrógrada, con gran carga ideolóxica e que choca co dereito das mulleres a decidir libremente", polo que anunciou que o seu partido será "belixerante e contundente" contra ela.
Lage sinalou en conferencia de prensa que esta lei, cuxo anteproxecto quedou este xoves aprobado pola Xunta, ten "pouco que ver" coa protección á familia, segundo o ditame do Consello Económico e Social, e está nas "antípodas" do que pensa o seu partido, xa que "obriga a facer campañas antiabortistas".
"O PSdeG propugna que, con arranxo á lexislación vixente, as mulleres poidan decidir libremente", sinalou o deputado socialista, que advertiu ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, que con esta normativa colócase nunha posición "extrema", cando el vai de "moderado e de centrista".
Ademais, dixo, esta lei defende un modelo de familia ou de entender a familia, mentres que o PSdeG defende que "non hai un único modelo de familia".
Na súa opinión, esta lei "choca" co dereito das mulleres embarazadas a decidir libremente "desde que obriga a facer campañas antiabortistas".
Lage indicou que a lei de interrupción do embarazo ou do divorcio non animan a abortar ou a divorciarse, senón que garanten un dereito, e nelas, ademais, evidénciase a "dobre moral do PP", xa que recorren estas leis ante o Tribunal Constitucional "pero son os que máis as usan".
Lei retrógada
A CIG criticou manifestouse tamén nos mesmos parámetros que o PSdeG, apuntando ao "carácter retrógrado" e ao ahondamiento no "grave recorte de dereitos que están a sufrir as mulleres".
Nun comunicado, a confederación intersindical ha reprochado que o texto "devolve ás mulleres ao seu rol tradicional de nai coidadora", que incide na retórica da familia heterosexual tradicional e que "pretende limitar o control da muller sobre a súa vida sexual".
Lembrou que presentou alegacións ao anteproxecto de lei, a maioría recollidas no "demoledor" ditame do Consello Económico e Social que é "claramente" contrario á lei.
"O Goberno galego asume de novo que as mulleres son un colectivo que debe ser protexido e dirixido, no canto de garantir que poidan decidir libremente o exercicio da súa maternidade, garantir a lactación e crianza dos seus fillos e que, xunto ás súas parellas, sexan ou non do mesmo sexo, poidan compatibilizar a súa vida familiar e laboral", subliñou a mesma nota.
A nova
O CES critica a Lei de Familia por "regresiva" e a súa visión "patriarcal" da muller como nai
O Consello Económico e Social censura un anteproxecto que busca "o control da vida sexual da muller"
O Consello Económico e Social infrinxiu onte un pau á futura lei de apoio á familia da Xunta, que considera non só "de pouca incidencia práctica", senón tinguida dun carácter "regresivo" e "patriarcal" que recorta os dereitos da muller, impedíndolle "exercer o seu dereito a decidir libre e informadamente sobre a súa maternidade".
O CES é un órgano consultivo no que ten representación empresarios, universidades, sindicatos e asociacións sociais. O seu ditame ?que non é vinculante? foi sometido onte a votación e saíu aprobado por 15 votos a 8. Seis destes eran de membros da patronal, que presentou unha emenda parcial que foi rexeitada. O presidente do consello, Pablo Egerique, non asistiu por enfermidade.
A maioría do órgano mostrou así as súas críticas cara ao anteproxecto da Lei de apoio á familia e á convivencia de Galicia, que pretende sentar as bases da política familiar da Xunta. O texto define as diferentes tipoloxías de familias e as características que deben ter cada unha para acceder ás axudas da Administración (familia numerosa, estar en situación de risco e ter a condición de "especial consideración", contar con maiores ao seu cargo?). Ademais, fixa como o seu obxectivo fomentar a natalidade e "o dereito á vida en formación".
O ditame do CES censura a filosofía do anteproxecto, detrás da que observa "unha profunda carga ideolóxica", facendo "retroceder" os avances sociais conseguidos nos dereitos das mulleres e "recuperando a retórica da familia heterosexual e a maternidade como rol social vital das mulleres, o cal supón o control (?) da súa vida sexual". Ademais, sostén que pretende "recuperar o rol tradicional da muller" para "aforrar" en servizos sociais como gardarías, comedores infantís ou axudas de dependencia e propón ampliar horarios de escolas infantís e aumentar o seu número no rural. A lei, indica, busca "recuperar o patriarcado" social.
O ditame denuncia unha lagoa no texto elaborado pola Consellería de Traballo e Benestar, que nun artigo promove "a acollida e a adopción como alternativa para que a muller gestante poida continuar co seu embarazo". Neste apartado, o CES censura que non se faga mención ao aborto e, por iso, propón engadir outro epígrafe para garantir a "protección institucional das mulleres que decidan interromper voluntariamente o seu embarazo".
E é que o Consello recomenda diferenciar entre maternidade e sexualidade, "respectando a liberdade" da muller polo que reclama dispensarlles de métodos anticonceptivos, "incluíndo a pílula poscoital".
A postura da Xunta sobre este punto xa xerou polémica o ano pasado. Entón, o PP apoiou cos seus votos a tramitación dunha iniciativa lexislativa popular promovida por Rede Nai, vinculado ao Foro da Familia, e moi crítica co aborto.
O CES censura a filosofía do anteproxecto e a súa "terminoloxía de protección" cara ás mulleres, asumindo que son "un colectivo que debe protexer e dirixir no canto de garantir que poidan decidir sobre o exercicio da súa maternidade".
O órgano consultivo tamén critica que equipare aos fillos nados cos "concibidos", o que permitirá ás embarazadas solicitar axudas ou praza en gardarías para os seus fillos non natos. A comparación "non se axusta a dereito", indica o CES, que tamén lembra que determinar o momento en que se inicia a vida "non procede nesta lei" e xa está regulado mediante lexislación específica. De feito, incluír unha referencia ao "dereito á protección da vida", parécelle unha referencia ideolóxica, pois xa está recollido na lexislación estatal.
O ditame censura que se promova que o desenvolvemento persoal pase só pola familia, unha visión "tremendamente reduccionista e inxustificada"; que se regulen adopcións, tutelas e gardas, cando a Xunta carece de competencias; ou que non contemplen axudas para a conciliación familiar e laboral.
A nova
A Plataforma de Organizacións Feministas rexeita o “Anteproxecto de Lei de Apoio á Familia e á Convivencia en Galicia” por regresivo, patriarcal e anticonstitucional.
A lei supón un grave recorte dos dereitos da muller, situándoa de novo en labores de nai e coidadora (de nenas e nenos, adolescentes, persoas con discapacidade, dependentes e maiores), estabelecendo a maternidade como rol vital e controlando desta maneira a súa vida afectiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progresar no desenvolvemento de leis e decretos como a “Lei galega 7/2004 para a igualdade de homes e mulleres”, a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que xa recollen medidas concretas de apoio á familia, á atención de mulleres en situación de exclusión, de socialización das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e laboral. Co mesmo pretexto desmantela organismos –desaparición do Servizo Galego de Igualdade- e substitúeo todo por unha mera declaración de propósitos e boas intencións mentres si destinará medios económicos para a creación do Consello Galego de Familia e o Observatorio Galego de Familia destinados a “protexer” e “dirixir” ás mulleres.
Como exemplo esta nova lei, de aprobarse, derrogaría o capítulo V do Título I da “Lei 7/2004 galega para a igualdade de homes e mulleres” que recollía as medidas básicas de apoio á familia socializando as cargas parentais e familiares como a ampliación da rede pública de gardarías, aumento do horario de atención as crianzas menores de 12 anos, implantación de servizos de comedor en gardarías e colexios públicos, creación de gardarías e colexios na proximidade de parques empresariais, a creación de centros de maiores e ampliación da asistencia domiciliaria a maiores. Medidas sociais encamiñadas a favorecer a maternidade, como se demostrou en países da nosa contorna, permitindo compatibilizar vida laboral e familiar. Estas substitúense por “promover” a creación de centros para o coidado de menores e maiores sen contemplar actuacións específicas cando é responsabilidade do goberno autonómico dotar os servizos e definilos dunha forma laica evitando confundir servizo público e caridade (neste momento xa existen denuncias de trato desconsiderado a mulleres nalgúns centros relixiosos).
A lei recoñece o dereito á vida do fillo ou filla concibidos e “non natos” o que non se axusta a dereito e é polo tanto inconstitucional. As mulleres son donas do seu corpo e deben ter a facultade de decidir se queren ser ou non nais e poder recorrer a métodos para evitar ou interromper a concepción aceptados pola lei (anticonceptivos, pílula postcoital ou aborto). Co pretexto dun problema demográfico (os movementos demográficos –inmigración, apertura de fronteiras- poderían solucionalo, no mundo hai superpoboación e convén reducila) envíase de novo á muller ao ámbito doméstico. Co que esta lei conseguiría unha mellora na taxa de desemprego global, retirando ás mulleres do mercado laboral e un aforro en todos os servizos necesarios para que a decisión de ser ou non nai sexa unha opción real e non un suicidio laboral. Non podemos esquecer que a familia tradicional, que a dereita defende con calor, é fonte de inxustizas e violencia para as mulleres. A violencia de xénero na familia considérase un asunto PRIVADO, onde as mulleres están soas, mentres que si no traballo hai abusos teñen consideración de traballadoras e polo tanto dereitos públicos. Daquela, a clave da liberación das mulleres que foi saír do ámbito privado ao público, invírtese con esta lei e o voltar as mulleres ao privado incrementará sen dúbida a violencia de xénero.
É importante coñecer tamén que medidas económicas como a redución do gasto público tenden a afectar desproporcionadamente ás mulleres, principalmente as de menos recursos aumentando a desigualdade entre homes e mulleres. A feminización da pobreza fai que as mulleres teñan menos acceso aos recursos económicos e laborais que permiten a compra de servizos e o acceso das mulleres en idade reprodutiva á saúde implicaría cotas económicas máis altas.
A pesar de que a historia oficial tende a presentar os avances sociais conseguidos polas mulleres como a consecuencia dun progreso que camiña por si só, onde o movemento feminista non influíu, a realidade é que foi a loita de moitas mulleres a que nos permite gozar hoxe de dereitos que nun pasado moi próximo eran-nos negados. Porén as mulleres permanecemos aínda pouco representadas nas estruturas de poder que definen prioridades e asignan recursos, polo que as nosas necesidades rara vez chegan a considerarse prioritarias.
Em defesa da igualdade: nom à Lei de Família
A Plataforma de Organizaçons Feministas rejeita o "Anteprojeto de Lei de Apoio à Família e à convivência na Galiza" por regressivo, patriarcal e anticonstitucional.
A lei representa um grave corte dos direitos da mulher, situándoa de novo em suas tarefas de mae e cuidadora (de crianças, adolescentes, pessoas com discapacidade, dependentes e idosos), estabelecendo a maternidade como papel vital e controlando desta forma a sua vida afetiva e sexual.
A Xunta, alegando motivos económicos, evitou progredir no desenvolvimento de leis e decretos como a “lei galega 11/2007 para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero”, a “lei 13/2008 de servizos sociais de Galicia”, a “lei 2/2007 de traballo en igualdade das mulleres de Galicia”, ou o “decreto 15/2010 polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia”, que regulamenta o procedimento para o reconhecimento da situaçom de dependência ", que já recolhem medidas concretas de apoio à família, ao atendimento de mulheres em situaçom de exclusom, de socializaçom das cargas familiares, de permitir compatibilizar vida familiar e profissional. Com o mesmo pretexto desmantela organismos -desaparecimento do Serviço Galego de Igualdade -e substitui tudo por uma mera declaraçom de propósitos e boas intençons quando destinará meios financeiros para a criaçom do Conselho Galego de Família e o Observatório Galego da Família destinados a "proteger" e " dirigir "às mulheres.
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License. Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario