17 jul 2011

Ascó..QUE ASCO!!

A central nuclear de Ascó II, en Tarragona, comunicou ao Consello de Seguridade Nuclear (CSN) que unha entrada masiva de algas na canle de toma de auga do río, que abastece a esta planta, provocou a parada alternativa de varias bombas de auga de circulación, producindo unha variación de potencia non programada superior ao 20% da potencia térmica máxima autorizada.

O titular da central nuclear de Ascó II (Tarragona) comunicou ao Consello de Seguridade Nuclear (CSN) que se atrasou durante 19 minutos unha vixilancia horaria contra incendios na sala do xerador diésel B.

Pregúntome; Que pasaría se non chegan a funcionar sistemas de seguridade?

¿Estaríamos falando dun accidente similar ao da Central de Fukushima?

Esta "bomba de reloxería" ten as horas contadas,un día acontecerá un gran accidente.O cumulo de avisos que ven dando a Central Nuclear, parece non importar aos políticos...

O CSN clasifica co nivel 1 o incidente de xuño de 2010 en Ascó II Xunio 2010

Ascó II rexistra o terceiro incidente en duas semanas Maio 2010

Ascó II rexistra o segundo incidente mentres recarga o combustible
Maio 2010


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: