18 jul 2011

Os "Talibáns" conquistan Cataluña

O Goberno catalán, aproveitará "a marxe de manobra" competencial que dispón a Generalitat en seguridade viaria para prohibir a prostitución nas estradas.Din que con esta nova "norma de circulación" evitaranse descoidos e accidentes.
Os Mossos d'Esquadra de tráfico sancionarán a prostitutas e clientes con multas.

O líder do P€P€ en Barcelona, Alberto Fernández, presentará unha nova proposta para modificar e ampliar esta ordenanza, e lograr a prohibición "taxativa" en todolos supostos de prostitución nas rúas.

Non se trata dunha norma de tráfico normal ... é unha norma contra estas mulleres, moléstalles velas na rúa. Non lles entorpece para a circulación nin a publicidade en carteis,nin a propaganda en periodo electoral.... ¡Non hai por onde collelos!..

É a imaxe conservadora que queren dar ao mundo da "Nova Cataluña".

¿Preocúpalles para algo a liberdade destas mulleres?.. A maioria delas, exercen a prostitución obrigadas por mafias ou proxenetas..

Anteriormente o goberno da Generalitat xa aprobou outra " Lei de privación de liberdade",........

Fai uns días fixeron outra modificación da ordenanza do civismo do Concello de Barcelona, que prohibe o nudismo e o seminudismo na rúa.Coa prohibición din, pretender "garantir o uso correcto do espazo público", evitar que ninguén se sinta incómodo ou excluído, e garantir unhas normas básicas nas rúas e prazas.

Moitas asociacións e colectivos sociais xa se pronunciaron en contra deste "Adoctrinaxe Moral" de CiU, facendo constantes guiños ao P€P€ a igresia e a outros..,de feito varias "Asociacións Moralistas" catalanas xa saíron a palestra pedindo a total prohibición de nudismo en varias praias

A tod@s fáisenos molesto ver algunhas cousas,oxalá non tivese que compartir espazo coas fachorras enxoiadas da Praza de Amboaje, e oxalá non tivese que ver policía nun partido de futbol,sería o sinal de que os demáis respectan a miña liberdade e eu a d@s demáis.

A liberdade é a tolerancia, o que están practicando estes é unha "Adoctrinaxe Moral"

No hay comentarios: