CONCENTRACIÓN en repulsa polo asasinato en Carral dunha muller
A Coordenadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca unha CONCENTRACIÓN para o 13 de DECEMBRO ás 20h diante da Casa do Concello de Ferrol en repulsa polo asasinato en Carral da muller Matilde Vazquez Ramallal, veciña de Abegondo, a mans da súa exparella.Agradeceríamos a súa máxima difusión nos medios e a sensibilización e concienciación da sociedade coa participación na mesma, xa que é intolerábel que siga habendo vítimas de violencia de xénero en pleno século XXI, só polo feito de sermos mulleres.Coordenadora Comarcal de Ferrolterra
Coordenadora Nacional Galega Marcha Mundial das Mulheres Marcha Mundial das Mulleres Rúa Romil, 20, baixo 36202 Vigo-Galiza CIF G-15773013Teléfonos de contacto: Coord. Nacional: 671695968 Coord. Ferrolterra: 696732735 Coord. Pontevedra: 669794462 Coord. Vigo: 671695968Comunicaçom: 698159764
Bo artigo da compañeira Lupe Cés. Cando algúns calan, ou non teñen verbas para dar unha resposta axeitada ás agresión e asasinatos de mulleres, Lupe cerralles máis as bocas con ista cruda e real reflexión feita dende a perspectiva dunha muller implicada "Palavras para Matilde"
No hay comentarios:
Publicar un comentario