Resulta totalmente incompresible a construción da planta de gas no interior da ría. Tal como o indican a cifras, máis dun 24% dos gaseros que tiñan programada súa entrada na ría, con destiño a REGANOSA, tiveron que pospoñer a entrada, xa fose, pola forza do vento, oleaxe, ou néboa.
Téñense dado casos, en gaseiros que deron entrado a primeira, cando o tempo e o mar o permitían, e cambiar bruscamente os elementos naturais, chegando a convertirse a travesía dalgúns gaseiros nun verdadeiro perigo na nosa ría
Ou dandose casos como o do de saltarse a lei, tal como atestigua a imaxe do LNG SOKOTO (gaseiro n.º 72) entrando na ría sin visibilidade, vulnerando así a normativa de navegabilidade -EN1532-, que require que o gasero poida poñer rumbo a mar aberto polos seus propios medios.
(Foto de Humberto)
¡Que nunca pase nada! pero se acontece algo, agardemos que a Xunta do Sr Feijóo non teña que pedir tamén un informe meteorolóxico para que os equipos de salvamento poidan recoller os cadáveres.
Estas son algunhas das recomendacións de seguridade, da Dirección Xeral de Interior e Protección Civil da Xunta, adscrita á Consellería de Presidencia:
Cinta illante para selar portas e ventás, persianas pechadas a cal e canto, afastarse de interruptores e enchufes, prescindir do coche e os electrodomésticos e permanecer no interior das vivendas ou colexios.
QUE FACEMOS SE SOAN AS SEREAS?
Incluído no Plan de Emerxencia Exterior, existe un sistema de aviso acústico,competencia da Dirección Xeral de Protección Civil. Trátase de seis megáfonos que están colocados no alto dun mastro de doce metros de altura,destinado a alertar a poboación circundante en caso dun accidente químico na planta de gas ou en Forestal do Atlántico.
As sereas en caso de emerxencia serán activadas dende protección civil ou dende o parque de bombeiros. "Lóxico,pois no suposto dun accidente grave na planta, non quedaría nin deus con vida para poder premer o botón da alarma"
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario