O venres, 27 de Xaneiro, ás 17:00 h, no Castelo de San Felipe, a Asociación Memoria Histórica Democrática rende homenaxe a todas as mulleres represaliadas polo Franquismo, esta homenaxe faise na figura da mugardesa Amada García.
Estaríamos honrad@s en contar coa vosa asistencia, así como a de toda a xente que decida acompañarnos ese día.
Sen máis, recibe un cordial saúdo da nosa asociación.
Un abrazo e saúde
Amada foi detida polos golpistas estando embarazada, facendo que máis tarde o Consello de guerra, aprazase a aplicación dunha sentenza de morte, ata o nacemento do seu fillo (Gabriel). Á espera dese momento, estivo confinada no Cárcere de Mulleres de Ferrol, logo o 31 de outubro de 1937 ao “Hospital de Caridade de Ferrol”, onde pariu. 88 días despois, o 27 de xaneiro de 1938, foi conducida ao Castelo de San Felipe. Alí foi executada, por un pelotón de fusilamento, en xaneiro de 1938, o mesmo día onde tamén foron executados, no mesmo lugar, outras sete persoas da mesma bisbarra: Juan José Teixeiro Leira, José María Montero Martínez, Anxo Roldos Gelpi, Antonio Eitor Caniça, de Mugardos; Ramón Rodríguez López, Jaime Gonzales Perez, de Ares; e Germán Lopez García, de Cabanas.
http://memoriahistoricademocratica.org/
http://memoriahistoricademocratica.wordpress.com/
This obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio
No hay comentarios:
Publicar un comentario