24 ene 2012

Mobilización na defensa da Fábrica de lapis

Mobilización na defensa da Fábrica de lapis
Pola defensa do noso patrimonio historico

O Xoves, 26 de Xaneiro, ás 19:30 hs, concentración diante da fábrica

Convoca: Comisión Cidadá en defensa de Ferrol Vello


Veciños de Ferrol presentan un escrito ante a Fiscalía contra o derrubamento da antiga fábrica de lapis

Os membros da Comisión Cidadá pola Recuperación de Ferrol Vello, un dos barrios históricos da cidade e catalogado como BIC, remitiu un escrito á Fiscalía no que se sostén que a autorización do derrubamento da antiga fábrica de lapis, Hispania, situada na zona, podería ser constitutiva de delito contra o patrimonio histórico.

O derrubamento do inmoble foi autorizado pola dirección xeral de Patrimonio da Consellería de Cultura tras a sentenza xudicial favorable aos propietarios da parcela e do inmoble. En cumprimento da sentenza, en decembro do pasado ano, o Concello concedeu licenza de demolición do edificio.

Non obstante, os veciños da Comisión Cidadá sosteñen que a demolición non se podería acometer ao estar a fábrica de lapis situada no Ben de Interese Cultural (BIC) de Ferrol Vello, para o que aínda non se elaborou o Plan Especial correspondente á declaración de conxunto histórico. Así, solicitan a paralización preventiva da demolición que se iniciou o pasado mércores co derrubamento da cheminea da fábrica.

+ Info..


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: