29 feb. 2012

Berros de Folga Xeral en Ferrol

De novo a cidadanía de Ferrol voltou tomar a rúa, "Na defensa do emprego, dos servicios públicos e a xustiza social"

Desta volta a concentración realizouse por primeira vez a nivel europeo dende a constitución da Unión Europea como tal. Foi convocada a nivel estatal polas centrais sindicais CC.OO, UXT e USTG.

Os berros de Folga Xeral eran xeralizados, máis, despois de que onte saíse a noticia de que posiblemente CC.OO e UXT convoquen para o vindeiro 29 de marzo, unha Folga Xeral. Data na que a CIG xa ten convocada dita folga.

Non é necesario precisar da data elexida, que é a axeitada e correcta, pois aparte da CIG en Galicia, tamén as centrais sindicais do País Vasco convocaron para o 29-M a Folga Xeral.

No hay comentarios: