29 feb 2012

Homenaxe ao compañeiro Xosé Reigosa , e posterior xuntanza de "Galiza non se Vende"

Estimad@s amig@s:

O vindeiro sábado 3 de Marzo as 12:00h, celebrarase un acto de homenaxe ao compañeiro Xosé Reigosa Solleiro, presidente da "Plataforma Salvemos Monteferro" recentemente falecido.

O acto será en Monteferro, fronte o monumento á Mariña. A xunta directiva da "Plataforma Salvemos Monteferro", rógavos a asistencia ao acto.

Xa pola tarde as 17:00h, haberá unha reunión da "Plataforma Galiza Non Se Vende", que será aberta ao público e que terá lugar na taberna "Marrucho" en Baiona.

Podedes apuntarvos tamén para comer no teléfono 663710707 ou no e-mail: conciertosmarrucho@gmail.com

Ás 20:00 h, terá lugar un Pasarrúas de disfraces pola Dignidade Indíxena, e ás 22:00 uns concertos

Salvemos Monteferro


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: