17 feb 2012

Carta aberta ao Sr Pintos, Secretario Comarcal da CIG

Hoxe asistín á asemblea aberta da CIG na Praza do Himno Galego. Falaron varios compañeiros, diversidade de opinións e todas encontradas, agás por parte dos que cren a ELITE da CIG.

Voume centrar en tres discursos; o primeiro deles é o de Miguel, un coñecido loitador do barrio de Esteiro, fixo un chamamento á unidade e á necesidade de asistir á manifestación convocada por UXT, CC.OO e USTG do próximo domingo día 19, dixo que el asistirá a esta manifestación coa súa chapa de militante da CIG, orgulloso, como non, de defender os traballadores. Fixo fincapé nos seus 20 anos de militancia na GIG

O seguinte discurso no que me vou centrar é no de Antonio, outro militante de renome no citado sindicato. Recolleu a luva lanzada por Miguel e fixo un discurso totalmente oposto. “Non imos esperar por eles", “Démoslles oportunidades”, “Vendéronnos", e un "Vamos facer a folga nós sós". Como Miguel, Antonio tamén apelou aos seus 20 anos de militancia na CIG

O terceiro discurso que vou ter en conta é o de André, que aínda non leva os 20 anos de militante da CIG, pero sei que mamou dende pequeno a loita social. Foi outro chamamento á unidade das bases nestes momentos, como ben dixo; "Logo, se nos quedamos sós, que non se diga que non o tentamos"

Pintos, secretario Comarcal non deixaba de mirar para cara atrás mentres André interviña, e murmuraba algo polo baixo, non sei que podía estar a dicir, pero ao finalizar esta quenda de palabra interveu e realizou un discurso similar ao de Antonio, cunha diferenza ao seu favor, realizou un chamamento ás bases de UXT e CC.OO para que participasen coa CIG.

Agora tócame a min matizar algúns puntos.
Pois penso que descoñecen o que hai arredor.

1- A CIG non ten 20 anos de historia, fundouse o 19 de marzo de 1994, distinto é que procedan da CXTG (fundado en 1985), ou da INTG (fundado en 1981), sindicatos que en coalición deron lugar á CIG. Ósea, que o de militancia máis antiga no sindicalismo nacionalista galego levará 31 anos. Que nin é o caso de Pintos, nin o de Antonio

2- O día 27 de xaneiro, malia ser a CIG o sindicato que convocou a folga, na manifestación estaban moit@s compañeir@s de UXT e CC.OO. Estaba a manifestación a piques de arrancar e chegounos a fatídica noticia do Merdo-Pacto Antisocial que acaban de asinar con nocturnidade e aleivosía estes sindicatos. Puiden ver como compañeir@s destes rompían a chorar.
Iso quizais non o viu o Sr Pintos, quizais non coñece a xente.

Agora voulles contar os que din levar 20 anos de militancia parte da miña Merdo-Vida para levalos a onde quero chegar:

O meu pai era o afiliado n.º 157 de CC.OO, un chorreador do naval que sempre loitou polos seus compañeir@s, ata tal punto que o que non facía polos seus 4 fillos o facía por eles.

Como é de supoñer, o meu berce é Comisións Obreiras, malia non estar afiliado. Puiden ver con 7 anos como se realizaba o mítico programa radiofónico “ONDA OBREIRA”. Participar dende pequeno da loita social, asistir a diversos congresos de CC.OO e do PCE. Tamén puiden gozar da calor e cariño de tod@s @s camaradas na festa do PCE de Madrid con tan só 8 anos, eu era o peque.(Bos tempos). Tamén lembro con gran nostalxia os Primeiros de Maio, nun principio facíase en Covas, máis tarde na Feira de Mostras, e os últimos anos no Parque Municipal. (Aínda podo ulir as sardiñas que fritían o vello e a mítica Mela).

E aquí é onde quería chegar.

Pergúntome onde estaba o Sr Pintos e o Sr Antonio por aqueles anos?

Supoño que estarían a empezar a gozar da por fin conseguida Transición. Unha Transición con moitos flocos, pero para os que non tiñamos nada era a "Revolución".

Que nunca se lles esquezan tod@s @s compañeir@s de CC.OO e da UXT que acadaron o pouco que hoxe temos, se algunha vez se conseguiu "algo" foi porque existía UNIDADE.

Fago un chamamento a toda a crase traballadora, para estar e participar da Loita Social, indistintamente do sindicato convocante.
CONVERXENCIA SOCIAL COMPAÑEIR@S

PD. Agora que boto contas, estou a punto de cumprir os 42... rio da militancia, o que vale e hai que ter é conciencia de clases e saber respectar a tod@s @s compañeiros, porque detrás de cada un de nós hai unha Merdo-Vida

Sen acritude para o compañeiro Pintos e o compañeiro Antonio, son coñecedor e participe da loita pola dignidade que realizan estes compañeiros e a CIG.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

7 comentarios:

Anónimo dijo...

Non vou entrar nesa polémica non nego a sensación que tes ao respeito dos acontecementos sindicais que percibes e eu non coñezo. A min o que me atormenta é que a UGT das Pontes e CCOO consintan en facer boikot á CIG nas Somozas consentindo en que despidan afiliadosa á CIG baixo outros pretextos. Ben cho saben, ben!. Unha aperta!

Anónimo dijo...

Non poido estar máis dacordo coas tuas opinións. Pode que por ese mesma mamadeira de ben nena, lembro como chegaba meu pai das folgas, nunha desas un dos seus compañeiros foi asesinado ....e os silencios destes sindicatos actuais, non fan máis que martillearme na testa e lembrarme esas reunións na casa, como aqueles homes vivían a loita pola conquista duns dereitos, que hoxe estamos a disfrutar moitos, e outros tantos a usurpalos porque xa lles viñeron dados.

Anónimo dijo...

A miopía sindical das cúpulas e o que levan moito tempo sen acercarse ós centros de traballo´, failles pensar que hai que camiñar cada un polo seu lado. As bases de tódolos sindicatos queren mobilizarse xuntas porque o inimigo:PP, Banca, CEOE tamén está xunto e é moi poderoso.
Tojo, Mendez e Suso Seixo viven noutro mundo: O seu mundo

Anónimo dijo...

O mundo de Toxo e Méndex é o mundo do pacto na moncloa, o mundo dos almorzos coa patronal en foros económicos capitalistas, Non vou ser eu o hooligan de Suso Seixo pero pareceme unha manipulación absoluta incluilo nesa terna.

Anónimo dijo...

Se un pide o informe de vida laboral de Suso Seixo, verá que leva toda a vida de liberado sindical

Anónimo dijo...

ser liberado sindical non é nada negativo, de feito caer na propaganda burguesa de criticar a un sindicalista por simplemente ser un liberado é bastante patético e deixa ben ás claras o nivel de analise que ten a persoa que o fai. A clase obreira necesita moitísimos máis liberados que ocupen o seu día a día na loita polas clases traballadoras, eso sí, sen perder nunca o contacto directo con elas nos centros de traballo e nas distintas mobilizacións. O negativo é ser liberado sindical para convertirse nun pactista vende obreiros, o cal está máis que demostrado no caso das actuais cúpulas sindicais de ccoo e uxt, mentras que para nada pode dicirse da da cig, cos seus acertos e os seus erros.

Anónimo dijo...

Ser liberado sindical de profesión,e non ter traballado nunca en empresa ningunha, é algo absolutamente negativo, moito máis cando se fai ó longo da vida laboral. Se non estás dacordo, será por que cumpres esas condicións.
Pode estar todo o comité de empresa de Bazán, sen ir a traballar nunca, ano tras ano, e simplemente ir ó estaleiro pola maña cinco minutos?.
Se pode entender que se invente un cargo para unha persoa, simplemente para que non vaia a traballar, aínda que o cargo sexa ficticio como sucede con Milocho o da CIG