15 feb 2012

Domingo 19, manifestación contra a reforma laboral


Convocada polas centrais sindicais CCOO e UGT, convocáronse manifestacións en todo o estado o próximo domingo, 19 de febreiro, ás 12:00. O lema será ¡¡Non á reforma laboral!!. Segundo CCOO e UGT, a reforma laboral é inxusta cos traballadores/as, contraproducente para a economía, e inútil para o emprego. Como denunciou o secretario xeral de CCOO na súa comparecencia ante os medios de comunicación, xunto a Cándido Méndez, esta é unha reforma imposta polo Fondo Monetario Internacional, o Banco Central Europeo e os gobernos de Alemaña e Francia, e escrita coa pluma de CEOE e FEDEA, unha fundación ao servizo da banca española.

A mobilización de Ferrol partirá ás 12:00h, da Praza do Inferniño e concluirá na Praza de Armas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: