12 feb 2012

Rajoy o MENTIREIRO

Rajoy prometeu na súa campaña electoral non subir impostos. Mesmo chegou a mandar unha mensaxe ás Comunidades Autónomas gobernadas polo PP para que non subisen impostos. Pero a realidade foi moi distinta. Estes son algúns dos slogans electorais de Rajoy o MENTIREIRO.

"O que faremos é non gastar nin un euro de máis"

"Subir os impostos sería a puntilla para as familias"

“Hai dúas formas de pechar este burato: subindo ingresos ou reducindo gastos”

"A suba de impostos non é necesaria. A suba de impostos non se xustifica e a suba de impostos é profundamente insolidaria coas clases medias e traballadoras españolas".

"Nunha situación de crise, onde todo o mundo o está a pasar mal, onde todo o mundo ten dificultades, onde moita xente ve como non o paga nin sequera a administración, é un disparate quitarlle recursos aos particulares e subir os impostos. E iso vai contra o emprego. Iso vai contra o benestar e iso vai riqueza, e dende logo este partido opoñerase a calquera nova suba de impostos que demagoxicamente formule o goberno de España. "

"Agora o Goberno fala de que vai subir os impostos, mesmo chegou a dicir que para poñernos a nivel europeo. Iso é un insulto aos españois, porque os españois son os terceiros cidadáns da Unión Europea que fan máis esforzo fiscal, os terceiros,".


"En principio, non vou tocar ningún imposto se gaño as eleccións, salvo os impostos a emprendedores, que eses si hai que baixalos porque a gran prioridade nacional en España é a creación de emprego (...) No medio e longo prazo, pois segundo como vaia evolucionando a economía, pero en principio non imos tocar ningún outro imposto".


"A miña intención é non subir os impostos porque creo que nun momento como este, e máis aos pequenos e medianos empresarios ou ás empresas, coas dificultades que están a pasar, non me parece o máis razoable".

ISTA É A REALIDADE
  • Suba durante dous anos o IRPF a todos contribuíntes.
  • Increméntase o IBI para o 50% das vivendas.
  • Aprobación da 'lei Sinde'.
  • Conxelación de salarios dos empregados públicos.
  • Ampliación da xornada laboral a 37,5 horas para os empregados públicos.
  • Paralización da taxa de reposición de funcionarios.
  • Suspéndese a incorporación de novos beneficiarios ao sistema de axudas por dependencia.
  • Limitación das axudas aos mozos para o aluguer de vivendas.
  • Recorte dun 20% nas subvencións a partidos, sindicatos e patronal.


Vou facer por un día miña a frase de Juan Barranco, que dicía :

"Non hai máis parvo que un traballador de dereitas"


Agora Rajoy o Mentireiro vén de aprobar a Reforma laboral 2012, que en vez de incentivar e abaratar os custos de contratación e impostos aos empresarios e emprendedores, soamente facilita os despedimentos e fai rebaixar @s traballadores/as a unha situación laboral nunca antes vivida.

Unha reforma laboral que traerá consigo a resposta sindical tan ansiada, precisa e demandada por parte da sociedade.

Compañeiros benvidos ao Estado de Malestar, ide preparando as "trincheiras" que a partir de agora xa non hai marcha atrás

Estas son algunhas das conclusións sobre a Merdo-Reforma Laboral

A CIG considera que a reforma laboral é profundamente antiobreira

CCOO y UGT ponen en marcha un proceso de movilización creciente y sostenido contra la reforma laboral


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: