27 mar 2012

HOXE ASEMBLEA CIDADÁN ABERTA

A Comisión de Control Provisional do Regulamento de Participación Cidadá (RPC); A. Veciñal de Covas; A. Veciñal de S. Xurxo; Asociación S.C. López Bouza; A.Veciñal de Esteiro; A. Veciñal S. Pablo-Catabois; A.Veciñal O Rosario- Inferniño; A.Veciñal Prioriño; A. Veciñal S.Xoán- O Bertón; A.Veciñal Stª. Mariña; A.C. Fuco Buxán; Colectivo Ártabra21, varias persoas a título individuais, acordan ;

REXEITAR A ACTUACIÓN concreta de gastar máis de 700.000 € para a Praza de España coa desculpa de crear un pulmón verde.

Temos coñecemento de que o goberno local proxecta unhas supostas melloras da Praza de España, onde como ven sendo habitual os cidadáns non fomos consultados e descoñecemos como vanse investir estes 700.000 €, o cal nos parece unha cantidade excesiva e unha desmesura.

Este mesmo goberno tiña proxectado no seu anterior mandato un edificio comercial de 21 mts de altura, que supoñía privatizar unha parte da Praza de España. Recuperar ese espazo, custounos ós cidadáns 6 millóns e euros.

Doutra banda, parécenos unha cifra esaxerada cando temos nesta cidade outras necesidades máis importantes e outras prioridades, estamos vendo como recortan dereitos sociais e se pechan comedores sociais e outros que estaba previsto abrir non se fala deles.

Estanse recortando, de maneira esaxerada, as subvencións a entidades de carácter asistencial e se queren tirar outros 700.000 euros na Praza de España

Queremos lembrar que houbo un acordo de participación cidadá para destinar un dos edificios a ser un FORO CIDADÁ con contidos de caracter social e cultural como charlas, asembleas, sala de exposicións, lectura e lugar de encontro cidadá.

Por este acordo, faise unha AUTOCONVOCATORIA a TODA A CIDADANÍA e ENTIDADES SOCIAIS para HOXE DÍA 27 DE MARZO (Martes) ás 19:30 h da tarde na Praza de España- Porta Nova para debater, suxerir e formular propostas nunha asemblea participativa cara a unha cidade mellor.

No hay comentarios: