21 mar 2012

Rolda de prensa do Comité Cidadán de Emerxencia, e dos mariscadores

A sala do Penal número 2 de Ferrol acollerá mañá xoves e os días 26 e 28 de marzo o xuízo contra 8 mariscadores, e contra o expatrón maior da Confraría de Pescadores de Ferrol, Bernardo Bastida. O Fiscal pide penas de prisión por delitos de desobediencia e coaccións por bloquear a canle de entrada á ría de Ferrol, impedido a entrada de dous gaseiros cara a Reganosa.

Para Bernardo Bastida, o Fiscal pide 3 anos e cinco meses de prisión. Para outros dous mariscadores, a pena solicitada é de dous anos e catro meses de prisión, e para os restantes un ano e oito meses.

Os feitos que se xulgan tiveron lugar no marco das protestas contra a planta de gas que se realizaron en maio do 2007, convocadas dende o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol"

Manuel Rodríguez Carballeira, voceiro do Comité Cidadán de Emerxencia da Ría de Ferrol , criticou que a Fiscalía tivese reducido o número de mariscadores imputados dos 60 iniciais, pasou a imputar a 9 polos feitos acaecidos. Aparte de rexeitar a autoinculpación dos membros do Comité, que participaron activamente no bloqueo da canle da ría.

Por todas estas irregularidades, o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", convoca unha concentración de protesta mañá ás 10.00 horas diante dos Xulgados de Ferrol.

(HAI UNHA ERRATA, os mariscadores acusados son 7, pois un deles, José estévez, faleceu.)

Fotos da Rolda de prensa de hoxe


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: