31 mar 2012

"Marea Negra" nas Fragas do Eume

Un incendio forestal está a arrasar as Fragas do Eume, un dano natural irreparabel.

Nas Fragas hai moitisimas especies forestais, acivros, carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, freixos, etc.. E un amplo número de especies animais, lobos, martas, gatos monteses, xabarís, corzos, e unha das últimas colonias de Pitas do monte (Urogallo). Tamén hai moitos insectos en serio perigo de extinción.

Cando se dea apagado o lume e chova, virá a segunda parte da catástrofe, as cinzas, estas correrán monte abaixo e rematarán por matar toda a vida do río Eume. Un río que xa padeceu cando a construción do corredor rápido a Vilalba, recordemos que os áridos remataron neste, causando que as súas augas cambiasen o seu PH natural, o resultado foi miles de peixes mortos, e posiblemente isto quedou na cadea evolutiva destes durante moitos anos



Fáiseme raro o amplo dispositivo de seguridade da Garda Civil, ao meu modo de ver é inusitado, o máis que me puiden achegar ao incendio foi a 4 km, á altura do cemiterio da Capela, moitas casas que nin por asomo corren perigo, nin pola distancia, nin polo vento, foron desaloxadas.

Teño subido ao cabo Prior estando ardendo, e teño estado na serra do Barbanza a escasos metros do lume, pero como o de hoxe nunca tal vin.

Quere a Xunta de Feijóo enmudecer o que está a acontecer na nosa terra?

A voceira de Medio Rural do BNG no Parlamento, Tereixa Paz, denunciou que a "traxedia" das Fragas do Eume "evidencia que os recortes de (Alberto Núñez) Feijóo e do PP na prevención e loita contra os lumes forestais teñen graves consecuencias".



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 comentario:

Anónimo dijo...

E de agradecer o reportaxe tanto fotografico coma visual que fas a pe de campo compañeiro pois moitos non se dan de conta da aterradora traxedia que nos a tocar vivir con esta lacra de pirómanos e gobernantes,parabens e unha aperta dende Pontedeune