1 abr 2012

A Xunta do P€P€ está agochando os datos da traxedia nas Fragas do Eume

Onte eu denunciei o exceso de celo por parte da Garda Civil por impedir o acceso preto do incendio, tamén comentei que se estaban a desaloxar casas que para nada corrían perigo. Hoxe estes datos vense corroborados. Os medios de comunicación presentes non tiveron acceso ata o día de hoxe e de forma moi limitada, así dixéronmo xornalistas presentes na zona,nunca lles paso algo similar nun incendio. O das casas que desaloxaban puidéstelo ver todos na Tv, veciñ@s que se negaron a abandonalas porque evidentemente estaban a salvo do perigo.

Hoxe decateime polos veciños que o lume se orixinou no lugar coñecido como Pena de Fonte Ardión (na foto). Preto de donde queren facer a mina de Andalucita de Pico Vello.

Quen prendeu ou lume tivo que acceder en moto de cros (polo menos), á media hora, a 8 km dese lugar orixinouse outro incendio. Recordar que o ano pasado aí mesmo tivo lugar un incendio, e que o fume foi visible na Coruña, aínda que como sempre os medios de manipulación non contaron nada. Onte por desgracia o vento levaba ás chamas cara ao canón do Eume, mentres os medios de extinción envorcábanse en apagar os eucaliptos na Capela sen mirar en preservar a Fraga.

Mañá día 2, ás 20:00 h. na Praza de Armas, terá lugar unha CONCENTRACIÓN (Convocada nas redes sociais)

Fotos de hoxe


Segundo informacións da Xunta de Galicia, a superficie queimada é de 700-750 hectáreas. Voume "tirar á piscina" e digo que non baixa de 2000, recordemos que o Parque natural abrangue unha superficie de 9.000.

Onte falei das especies que habitan a Fraga, forestais; acivros, carballos, castiñeiros, bidueiros, ameneiros, freixos, e un amplo número de especies animais,; lobos, martas, gatos monteses, xabarís, corzos, e unha das últimas colonias de Pitas do monte (Urogallo). Aparte existen moitos insectos en serio perigo de extinción.

O que eu descoñecía é que nas Fragas habitan unha vintena de especies distintas de morcegos, e que tamén hai un fento (helecho) que soamente existe nas Azores


Fotos de onte



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: