2 abr 2012

HOXE ÁS 20:00 H, CONCENTRACIÓN "LUMES NUNCA MÁIS"

Convocada dende as redes sociais están previstas para o día de hoxe varias concentracións en diversas vilas galegas, así como a conformación dunha Plataforma en Defensa das Fragas do Eume, que se conformara por persoas a título individual, entidades políticas, AAVV, asociación culturais, sindicatos, empresas, etc.



HOXE en Ferrol, ás 20:00 hs, na Praza de Armas.

A mesma hora, diante do Concello de Pontedeme, vaise constituír en réxime de autoconvocatoria a Plataforma en Defensa das Fragas do Eume, que se crea co fin de demandar, denunciar, exixir medidas que sirvan para

1º.- Sensibilizar a opinión pública do valor ecolóxico que aínda conserva o Parque Natural das Fragas do Eume.

2º.- Exixir unha investigación exhaustiva das causas que provocaron o incendio e exixir responsabilidades penais e políticas se as houber.

3º.- Exixir da administración medidas para paliar no posible as causas desastrosas causadas polo incendio no ecosistema do Parque natural.

4º.- Exixir medidas políticas para que ninguén se beneficie e lucre de xeito directo ou indirecto das consecuencias do incendio.
Tamén se autoconvocan concentracións en outros puntos de Galicia para este luns po la tarde, ás 20.30 horas. A Coruña : no Obelisco; Vigo: fronte ao Sireno; Santiago: no Obradoiro; Pontevedra: na praza da Ferrería; Lugo: fronte ao Concello... Foz: diante da Delegación de Facenda.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: