29 abr 2012

Resumo da manifestación en defensa dos servizos públicos

Manifestación celebrada hoxe en Ferrol na defensa do Ensino e a Sanide Públicos. A Manifestación convocada polos Sindicatos CCOO, UXT e USTG, sumáronse os traballadores/as da Policía Local de Ferrol, que actualmente manteñen un contencioso co DESGOBERNO municipal do P€P€. A Manifestación xuntou preto de 4000 persoas, e partiu pasadas as 12:00 h. da Praza do Inferniño e rematou na Praza de Armas. O cantautor Xoán Rubia foi o encargado de dar lectura ao manifesto feito polos sindicatos convocantes.

Quero denunciar a MANIPULACIÓN do Merdo-Xornal La COZ de Galicia, que na súa edición en dixital de hoxe, estima o número de participantes en 2.000, na noticia manipulada din que a Policía Local e os convocantes non deron número de asistentes, isto pode ser debido a que non perguntaron, como fan sempre que manipulan tirando para o P€P€.



O vindeiro martes, 1 de Maio, e para celebrar o Día dos Traballadores/as, o "Colectivo Sociocultural A Revolta de Trasancos" propón para despois das manifestacións convocadas polos sindicatos, un xantar fraternal e unitario no Parque Pablo Iglesias de Ferrol.

ASISTIDE E DIFUNDIDE!!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Poidemos ver moitos afiliados e afiliadas da CIG, malia que a cúpula deste sindicato, ademais de non apoiar a manifestación, dedicouse a desconvocar a través de mensaxes á móbiles