5 may 2012

"118 Protesta Lexítima"

O día de hoxe o "Comité Cidadán de Emerxencia para a Ría de Ferrol", realizou súa "118 Protesta Lexítima" contra a ubicación da planta de gas, e contra a navegación de gaseiros cargados con GNL no interior da Ría de Ferrol

E ONTE, AS COSTAS GALEGAS ESTIVERON DE NOVO EN PERIGO

No día de onte un petroleiro de bandeira británica, o British Osprey, que realizaba o traxecto entre Malta e Rotterdam cargado con miles de toneladas de cru, sufriu unha avaría na máquina, motivo polo que quedou sen goberno durante máis de 12 h. a 28 millas ao oeste de Corrubedo e a 40 da illa de Ons.

Hai uns días, o 3 de maio, celebrouse o Día Mundial da Liberdade de Prensa, e é tanta a "LIBERDADE" que segundo quen a conte esta é modificada e manipulada.

En "La Opinión", dise que a cantidade de cru que transportaba o petroleiro era de 62.000 toneladas, e que foron os efectivos de Salvamento Marítimo os que contactaron cos mandos do barco en vista de que este non se movía, momento en que dende o petroleiro recoñeceron que necesitaban axuda. A versión de "La COZ de Galicia", é outra ben distinta, o petroleiro ía cargado con 80.000 toneladas de cru, e que foi o petroleiro quen solicitou axuda.

Pregúntome, se a palabra "LIBERDADE" para os medios significa; "Dereito a terxiversar a realidade cada vez que acontece un feito que pode levar consigo unha alerta social"

Estou seguro que si se producise unha catástrofe, o DESGOBERNO da Xunta de Galicia tampouco coincidiría na cantidade de toneladas, diríannos que soamente levaba 20.000.







Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: