
Convocados polo Comité de Empresa de CC.OO, ás portas do hipermercado déronse cita máis de 200 persoas, nesta protesta participaron xentes dos sindicatos de toda a comarca, nunha clara mostra de unidade d@s traballadores/as.
@s alí congregad@s entraron no interior do establecemento, déronse varias voltas polo interior petando e berrando consignas pola readmisión do traballador.
Ao final da protesta, Xulio Abelleira, Secretario Comarcal de CC.OO, fixo un chamamento de advertencia a dirección de Mercadona,
"Ou se readmite ao traballador, ou os sindicatos darán unha resposta de denuncia continua"

No hay comentarios:
Publicar un comentario