11 may 2012

Chamamento a unidade contra un despedimento

SÁBADO DÍA 12 TOD@S NO MERCADONA "A GANDARA" AS 19:00....ESTA VEZ IMOS SER 1000....ACABARON CON O DEREITO LABORAL...

A importancia desta mobilización po lo despido do noso compañeiro en Mercadona vai mais ala do simple feito de conseguir a readmisión, claro esta que ese ten que ser o noso obxectivo prioritario, dando resposta na rúa polo dereito o traballo digno.

O noso compañeiro Alberto, foi supostamente despedido por exercer o dereito a folga, un dereito constitucional ademais de unha necesidade para loitar por un mundo mais xusto, este goberno acabou con o "dereito laboral", cando imos a Mercadona a esixir a súa readmisión, tamén estamos mandando unha mensaxe clara a tod@s @s empresari@s da nosa comarca, HOXE EN MERCADONA....MAÑA ONDE FAGA FALTA!.

Esta loita que nos vai levar a unha gran vitoria pretende tamén devolver os traballadores/as o sentimento de crase e facelos conscientes da súa FORZA, esa forza capaz de parar un país, de derrubar gobernos, de cambiar a sociedade, nunca poderá haber un CAMBIO REAL DE SISTEMA sen a unidade dos traballadores/as. Cando os estudantes, os parados/as e os traballadores/as consigan a unidade de acción para facer unha patria do pobo, cando sexamos conscientes da nosa FORZA, cando entendamos tod@s que os nosos obxectivos prioritarios son comúns, ese día a vitoria estará nas nosas mans. Ata entón nos queda a loita diaria po la unidade obreira que vai cambiar o mundo!

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: