13 may 2012

II Acción de Solidariedade polo despedimento dun traballador de Mercadona

"Terra da fraternidade..." cantaría o gran Zeca Afonso.

Onte foi unha gran xornada para @s traballadores/as de toda Galicia. En Ferrol, ante o despedimento dun traballador de Mercadona (supostamente este despedimento ven feito pola empresa, por este traballador ter secundado o dereito a Folga do pasado 29M).

Convocados polo comité de empresa de CC.OO de Mercadona, o hipermercado foi "tomado" de forma pacifica por representantes das forzas sindicais e algunhas formacións políticas da cidade. A esta xornada sumáronse @s compañeir@s da CIG, CNT, EU, USTG, UXT.


Quero transmitir meus parabéns a tod@s eles/as por acadar levar a cabo esta acción conxunta, demostrando o grao de madurez política e social acadado despois da gran "Noite de Piquetes" do 29M. (Abelleira, Secretario comarcal de CC.OO, o agradeceu publicamente)

Non imos con isto acadar formar un "Frente Popular" que derroque nas urnas ao P€P€, pero estou seguro de coa presión social conseguiremos mudar as inxustas e antidemocráticas reformas e faltas de liberdade.

Anécdota no Mercadona

Dende detrás da miña cámara (que é miña ferramenta para tentar dar difusión a loita social) onte procedín como sempre a facer a "tirada" de fotografías, lembrar que o pasado día 4, realicei o reportaxe da I Acción de Protesta.

Desta
volta algo quíxose interpoñer nesta tarefa. Unha empregada de Mercadona (xeitosa e moi elegantemente vestida para traballar) adicouse a facer fotos d@s manifestantes e de min, eu estaba fotografando dende o "hall" de entrada, a empregada achegóuseme e díxome que non podía estar alí facendo fotos, nese intre xa me sentín realmente agredido, pois dentro do hipermercado os manifestantes, empregados e clientes, estaban gravando con distintos dispositivos.

Sentinme o parvo da "festa", máis, tendo en conta que na anterior xornada de protesta eu permanecín en dito "hall" durante toda a protesta (tal como se pode ollar neste álbum de fotos) Foi entón cando decidín entrar e púxenme a facer fotos dende dentro.

Esta empregada mandoume ao garda xurado, que tentou exercer civicamente a súa función, mentres, ela daba parte aos policías uniformados, tamén se achegou a darlle as queixas a outro non uniformado (que non teño o gusto de coñecer). Intre no que pensei que xa chegaba ben de fotos dende o interior e saín para fora, momento no que aproveitei para retratar a esta empregada e ao suposto encargado, que supostamente exercía a presión sobre o traballador despedido.


Quedoume a dúbida de se tal persecución por parte da empregada, foi por "morbo"? .. ou simplemente é unha máis desta "lexión de encargados fieis"..? (como ben contaba Ártabra21 neste artigo)

Desta persecución foi testemuña un compañeiro dun medio impreso, que incluso chegou a ofrecerme algunha foto no caso de que non me deixasen facelas.

Tamén quero deixar constancia de que non fago públicas as fotos d@s empregad@s nin das forzas públicas alí presentes.

Berro e reclamo liberdade para seguir exercendo libre e democraticamente meu cometido de DIFUSIÓN social !!



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: