24 may 2012

Concentración na Defensa da Sanidade Pública




Imos todos/as á rúa , é a hora loitar ... por Xosé Miguel López

Mentres perdoan a ladróns, defraudadores, narcotraficantes e lles van permitir branquear os seus capitais, algúns deles manchados de sangue, a cambio de que paguen o 10% do defraudado, introducen máis recortes na Educación e na Sanidade Pública.

Aínda ben non acaban de anunciar o incremento no repago dos medicamentos ós traballadores en activo e, por vez primeira, o repago dos medicamentos ós pensionistas, incremento no pago dos doentes crónicos, sempre esmagando ós colectivos maís desfavorecido, e xa anuncian máis recortes, algun deles de carácter xenófobo o ir directamente contra os inmigrantes, repago de próteses e ortopróteses e tamén o repago polo transporte sanitario non urxente.

En Galicia temos unha poboación moi avellentada, xeográficamente moi dispersa e coas pensións máis baixas do Estado.

As medidas do Partido Popular van ter en Galicia unha especial incidencia, especialmente entre pensionistas e enfermos crónicos. Como van pagar o trasporte sanitario pensionistas de Cedeira, Ortigueira, Mañón, etc cando vaian a recibir un tratamento de Diálise, Rehabilitación, Quimioterapia, etc no Arquitecto Marcide cando teñen unhas pensións medias que non chegan a 600 euros?.

Como van a pagar o transporte sanitario non urxente cando teñan que acudir ó Centro Oncolóxico da Coruña a recibir un tratamento de Radioterapia?.
Pois esto é o que acaba de Decretar o Partido Popular: Perseguir a pensionistas e inmigrantes.
Non falan de perseguir a fraude fiscal, a perdoan. De disolver o Senado, as Deputacións, os milleiros de asesores que teñen en Concellos , Parlamentos, Gobernos, etc. De eliminar a institución monárquica , dos gastos militares ou das subvencións a sanidade e educación privadas e á Igrexa. Non diso non falan perseguen ós traballadores e os pensionistas, sempre os paos do mesmo lado.

A resposta a esa agresión e a eses recortes é a mobilización na rúa en Defensa da Sanidade Pública, Universal e Gratuíta coas mesmas prestacións como tiñamos ata a chegada do Partido Popular o Goberno do Estado e da Xunta.

Xosé Miguel López Pérez.

Tirado do bloge da Plataforma na Defensa da Sanidade http://plataformadspferrol.blogspot.com.es/


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: