30 may 2012

A marca francesa "Alcampo" desaloxa a membros da "Plataforma na Defensa da Sanidade Pública"

Onte varios membros da "Plataforma na Defensa da Sanidade Pública" repartían ás portas do hipermercado Alcampo información da Manifestación do vindeiro domingo en Compostela.
A eles/as se achegaron membros da empresa de seguridade de Alcampo, que nunha actitude chulesca advertíronlles de que tiñan que abandonar as inmediacións propiedade da marca francesa, ou ían "arrepentirse délo".

Se nos paramos a pensar, caeremos na conta de que neste centro comercial nunca vemos xente pedindo unha axuda. Xa sabemos a que se debe, a unha política fascista feita por esta multinacional, que pretende facer ver que todo é "bonito".

Este feito sumase ao acontecido na xornada de Folga Xeral do pasado 29-M, na que o hipermercado solicitou a axuda dos "robocops" da Policía Nacional para poder abrir pola tarde as portas do mesmo.

Nestes tempos de crise, especialmente agudizada na comarca, o hipermercado Alcampo, Mercadona, Hipercor, Gadis e Froiz, viven de costas aos problemas d@s traballadores/as de Ferrolterra. Pero saberemos darlles unha resposta común e unitaria (Agardo que isto non parezan ameazas ou incitación a violencia, tal como manipula ao seu antollo a nova lei fascista aprobada recentemente polo P€P€)

BOICOTE !!

MERQUEMOS NO PEQUENO COMERCIO!!

Video feito o día da Folga Xeral no exterior do hipermercado Alcampo

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: