28 jun 2012

RESUMO DA FOLGA XERAL COMARCAL

Hoxe en Ferrol tiñamos unha Folga Xeral Local, pese a que Xulio Abelleira (secretario comarcal de CC.OO) e Cesáreo Fraga, (secretario comarcal de UXT) non se desen por aludidos, parece que están a agardar outra "vendida" a nivel estatal por parte de Toxo e Méndez.

A xornada deu moito de si, e teño para todos.

Dende os diversos polígonos da comarca partiron marchas de traballadores/as con destino ao punto de encontro concertado, na rotonda d'A Gandara, xusto a carón do "Corte Chino". A posteriori partiuse en manifestación cara a Praza do Inferniño, lugar de encontro coa marcha procedente de Catabois e punto de saída con dirección a Praza de Armas.


Os "Robocops"
  • A actitude por parte dos "Robocops" da Policía Nacional deixou coma sempre moito que desexar, non vou chamar provocación a que portasen bandeiras españolas (compradas nos "chinos") no salpicadeiro dos seus vehículos, pese a ser unha manifestación organizada por un sindicato de índole nacionalista, vou conceder a dubida de que as levan pola selección de fútbol.
  • Os culpo de crear malestar entre a veciñanza de Ferrol, pois cos seus furgóns colapsaron parte dás rúas sen motivo aparente, pois mentres a marcha que saíu de Ferrol camiñaba pola Estrada de Castela, estes tiñan bloqueada a Rúa Venezuela.
  • Unha vez chegados a rotonda d'A Gandara, varios propietarios das naves alí situadas sentíronse ofendidos o ver que os "Robocops" fosen a servir de "blindaxe" ao aparcadoiro da multinacional francesa Alcampo (a 200 m.).
  • Unha vez chegad@s a Praza do Inferniño, @s manifestantes agardaron (case unha hora) ata que deran ás 12:30, hora programada para a gran manifestación. Pois os furgóns dos "Robocops" detivéronse na Estrada de Castela, xusto antes do cruce da Rúa Sánchez Calviño, facendo un tapón innecesario pese a estar totalmente libre e despexado o cruce.

CIG

  • Parabéns @s compañeir@s da CIG por acadar en solitario levar adiante esta xornada.
  • Ao meu modo de ver, aos discursos sobroulles o amplo cariz Nacionalista.




Paso da Manifestación pola sede de CC.OO e UXT
  • Neste senso hai que dar os parabéns a tod@s @s manifestantes, so uns vinte deles proferiron berros en contra, aparte de tres petardos tirados na entrada de CC.OO. (Estes tres compañeiros dos petardos teñen que aprender a distinguir as siglas das persoas)
  • Unha vez rematado o paso por diante da sede destes sindicatos, vari@s compañeir@s de CC.OO saíron a rúa, unha das rapazas estaba verdadeiramente molesta, pois un dos petardos estoupou a uns metros dela. Achegueime ata alí, pois son coñecid@s meus, e botamos unha pequena "parrafada", nesa conversa, alguén dixo a palabra "ELES" (referíndose @s compañeir@s da CIG). Non o puiden remediar, din replica a esta persoa decéndolle que para min non hai nin "ELES", nin "OS OUTROS", nin "NÓS", cando sexamos quen de converxer na loita imos acadar cousas. Non me vale ese discurso de "NÓS SOMOS OS BOS", nin ese vocabulario, e moito menos cando seu sindicato é cómplice de tódolos pactos antisociais firmados con UXT
  • Nese intre saía da sede Xulio Abelleira, feito que aproveitei para dicirlle que CC.OO xunto con UXT, artellaran coa dirección de Navantía a data de hoxe para realizar as probas de mar dunha fragata, o que supuña que centos de traballadores/as non tivesen opción a sumarse a esta folga. E alentei aos alí presentes dicíndolles que chegara o tempo de que deran un "zapatazo" na mesa a Abelleira, e que este tiña que facer outro tanto a nivel estatal.
  • O detalle curioso é que o martes tiven a mesma conversa (menos acalorada) con compañeir@s da CIG e do BNG, que estaban acampados en San Valentín nunha acción de protesta e denuncia polos sectores produtivos da ría, e alguén tamén dixo a palabra "ELES", preguntei se estabamos falar dos do "MÁIS ALÓ" .

Pode parecer unha "chorrada" sen importancia, pero eu levo anos incidindo a tod@s no poder das verbas, e hoxe quero explicalo.
  • O filólogo xudeu V. Klemperer, salvou a súa vida por estar casado cunha non-xudea, pero isto non o librou de sufrir vexacións pola súa condición. Despois de ser apartado do seu cargo como profesor universitario e pasar a traballar como obreiro nunha fábrica, Klemperer, empezou a recoller e analizar palabras e expresións nazis nun Diario. A súa investigación cobrou forma en, LTI (Lingua Tertii Imperii), "A Lingua do Terceiro Reich".
O libro comeza con esta frase
"A linguaxe é máis que sangue. "
  • O libro dá as claves de como os nazis perverteron a linguaxe, acomodándoa aos seus fins, baleirándoa de contidos intelectuais, converténdoa nunha linguaxe de masas, dando corpo a esta nova "linguaxe do pobo". Deste xeito conseguiuse que os cidadáns perdesen a capacidade crítica e rematasen asumindo e acatando estas mensaxes cheas de eufemismos.
  • O marketing social ten o seu nacemento neste libro, e nel inspiráronse e inspiranse asesores políticos e publicistas de todo o mundo para manipular o pensamento das masas.

"A linguaxe crea e pensa por nós"

"A lingua condiciona o pensamento"

Ler máis en Suite101: http://suite101.net/article/lti-el-poder-del-lenguaje-nazi-durante-el-tercer-reich-a22584

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

1 comentario:

Anónimo dijo...

Gostariame saber se os liberados e delegados sindicais da CIG, ademais de Foxo, Manolo Doval, Pedriño, etc lle comunicaron á súa empresa que facían folga e que procedesen a descontarlles o día, ou pola contra eles cobrarán o día mentres os traballadores que foron á folga cobrarán 6 horas menos.
E unha práctica habitual en tódolos liberados sindicais de tódolos sindicatos, cobrar os días de folga