27 jun 2012

O P€P€ de Ferrol da as costas ao asasinato machista da moza Iria García Bouza

Hoxe ás 20:00 h. en Ferrol, tivo lugar a concentración en repulsa polo asasinato da moza Iria García Bouza, veciña de Narón.

O nome do presunto asasino é Óscar José Ferreño Fraga (fotografía publicada na Voz). Hoxe varios compañeiros meus contábanme como este individuo alardeaba polos bares de Narón de que ía quitarlle a vida a Iria. Esperemos que a xustiza chegue ata o final e aplique a máxima pena establecida para este tipo de delito.

Na concentración non apareceu ninguén do Desgoberno Municipal de Ferrol (P€P€) nin tan sequera se deixou ver a Concelleira de Malestar Social, Rosa Beceiro.

Non cabe dubida de que o P€P€ ten responsabilidades neste asasinato, os recortes sociais aos que veñen sometendo a poboación van dar lugar a que máis mulleres teñan que seguir morrendo a mans de psicópatas. A materia recentemente suprimida no ensino, Educación para a Cidadanía, era a primeira e única ferramenta que existía para educar e concienciar sobre esta problemática social @s moz@s.




OS RECORTES MATAN
Os recortes sociais do P€P€ tamén os fan culpables directos da recente morte dos brigadistas nos lumes galegos. Desgraciadamente, en breve, teremos malas novas de afogamentos nas praias galegas debido a eses mesmos recortes. Sen ir máis lonxe o pasado domingo uns surfistas rescataron na praia de Doniños a dúas nenas e a un mozo que botarase a axudalas.

Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: