10 jun. 2012

Ferrol co Naval

Segundo fontes policiais, unhas 30.000 persoas participaron na "Manifestación na Defensa do Naval" realizada hoxe en Ferrol.

O actor ferrolán Javier Gutiérrez, foi o encargado de ler o manifesto d@s traballadores/as.

A Manifestación foi convocada polos sindicatos e apoiada por tódolos partidos políticos, aínda que cada un apoiou o seu xeito. O actual Alcalde do P€P€ e os seus catro amigos de "grasa en boca" que se achegaron, parece ser, que tiñan medo a cidadanía e quedaron abaixo das escaleiras de acceso a Praza de Armas.
.. Sentiranse culpables de algo?

"O CAGÓN"
Contan as "malas linguas" que un dos membros do goberno municipal do P€P€ marchou de Ferrol en taxi ás 11:30, este foi Alejandro Langtry, (polo de agora) actual Concelleiro de Economía.
Será que a este "fillo de papá", herdeiro do negocio familiar non lle afecta a crise, tal vez xa teña apalabrado con Feijóo novos cursos para impartir na súa academia.

Parece mentira que tendo exercido como: Presidente da Confederación de Empresarios de Ferrol no 2002, director do Plan Ferrol, Vicepresidente do CECAP Coruña (Asociación de Empresas de Formación), vogal de diversas entidades como a Fundación Ferrol Metrópoli e a Asociación de Empresas TIC de Ferrol, Eume e Ortegal, poida dar as costas a maior empresa de Ferrolterra. Pesou menos ser CIDADÁN DE FERROL, que o feito de ser un "fillo de papá" e membro das Novas Xeracións do P€P€ , (isto mete medo, é o indicativo de que se reproducen).

Vou deixar o tema do CIRCO aparcado, e vou berrar aos que hoxe berraban, A ÚNICA LOITA SOCIAL NON É O NAVAL!!, a sanidade eo ensino públicos nos afectan a tod@s por un igual, así como a loita contra a Reforma Anti-laboral. É o intre de sentir na nosa pel como padecen @s inmigrantes, a "soberanía" xa é dos mercados, e nós mesm@s somos mercadoría, simple man de obra explotada para ese Primeiro Mundo no que comparte capitalidade Washington-Berlín.



Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: