9 jun 2012

Mañá domingo, MANIFESTACIÓN NA DEFENSA DO SECTOR NAVAL

Ferrolterra erguerase mañá de novo como fai anos que non acontecía. A crise na comarca e no sector Naval de Ferrolterra fan tremer milleiros de postos de traballo, actualmente un traballo, a maioría das veces, supón o sustento de familias enteiras.

Que tomen boa nota os traballadores/as do Naval, que MAÑÁ FERROLTERRA SAIRÁ A RÚA, pero pasado mañá, será a Sanidade, o Ensino, os Desafiuzamentos, e toda canta loita social se acomete na comarca, isto TAMÉN VAI CON ELES.

CANDO VOLVAN AO ESTALEIRO NON PODEN "PECHAR A PORTA" TRAS DE SI COMO LEVAN TEMPO FACENDO, TEÑEN QUE SER POLO SEU NÚMERO O PRINCIPAL MOTOR DAS MOBILIZACIÓNS E SOLIDARIEDADE DE FERROLTERRA


A Manifestación parte dende a Praza do Inferniño ás 12:00 h, e remata na Praza de Armas.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: