25 jul 2012

"AGARDAMOS POL@S COMPAÑEIR@S DO BNG"

COMUNICADO DO PSOE

A comisión Executiva Local da Agrupación Socialista de Ferrol, reunida o día 23 de xullo de 2012, en sesión extraordinaria para analizar a sentenza emanada da Sala do Contencioso do Tribunal Supremo,en relación coa Planta de Gas de REGANOSA, acorda por UNANIMIDADE, os seguintes extremos :

PRIMEIRO.- Solicitar a paralización cautelar da actividade da Planta de Gas
ata, no seu caso, coñecer e cumprir integramente a legalidade emanada da sentenza e os efectos legais e executivos que se derivan do cumprimento da
mesma

SEGUNDO.-Denunciar a aprobación por parte do Goberno de Mariano Rajoy da
Ley de Costas, por Consello de Ministros do 13 de xullo, que conduce a unha
absoluta impunidade especulativa urbanística.

TERCEIRO.- Solicitar a constitución no Parlamento Galego dunha Comisión
de Investigación sobre a Planta de Reganosa á luz das resolucións xudiciais
recaídas respecto desta infraestrutura.

CARTO.-Instar á elaboración, debate e aprobación dunha Lei de Protección da
Ría de Ferrol que aborde, entre outras cuestións, o saneamento integral da
mesma.

Grazas @s "crític@s".
O destes crític@s do PSOE, así como do BNG, ten moito mérito, son xente que malia seguir nestas opcións políticas, defenden as reivindicacións sociais, chámese Reganosa, Ence, Ría do Burgo, Serra do Caurel, A Seiruga, Mos, Monteferro, etc. Así como se posicionan contra as políticas armamentísticas, venda do estado aos mercados financeiros, submisión á U€... etc, etc..

Moitos deles/as permanecen dende o 1er día da loita contra Reganosa "rompéndose" a cara cos seus compañeir@s. Todos eles/as teñen nomes, e penso que incluso "secuelas" por ser consecuentes.

Anos de inxurias e malas caras entre gran parte da diversidade da esquerda galega que pasou unha mala factura a tod@s.

GAÑOU SÓ REGANO$A E O P€P€!!

É hora de recompoñerse tod@s socialmente, os partidos de ámbito estatal que actúan en Galicia, terán que saber revelarse aos ditados de Madrid e saberse NACIONALIZAR GALEGOS, e os de identidade nacionalista ter claro que defender a terra, a identidade, os recursos, o patrimonio e a vida.... é IRRENUNCIABLE.

Pido ao executiva comarcal do BNG que lean as sentenzas ditadas, escoiten a estes compañeir@s, e poñan na "orde do día" a tratar o caso R€GANO$A [con datos oficiais do que rouban, contaminan, riqueza que xeran para Galicia, e perigo que supón].


Quero lembrar unha pasaxe do acontecido o 3 de xuño do 2007, na manifestación pola liberdade de Bastida e Contra a Reganosa. Aínda que organicamente o BNG non se adherira á protesta, o cabeza de lista, Xoán Xosé Pita, e o daquela concelleiro Xaquín Ros e Cristina Amor [da executiva nacional do BNG], estiveron na manifestación. Non faltou ningún dos "Beiristas" ferroláns, entre os que destacaban os ex concelleiros Xosé Lastra, María Luisa Sabio e Mari Carme Parada. Mesmo o daquela deputado nacionalista Francisco Rodríguez mandou unha adhesión que foi lida na praza de Armas en medio de fortes pitadas de protesta.


Chamamento do Comité Cidadán de Emerxencia

Convocamos a toda a cidadanía a asistir ao Pleno Municipal do Concello de Ferrol mañá xoves 26 de Xullo ás 9,00 h.
Acaban de comunicarme que o P€P€ atrasou mañá ata as 10:00 h. o inicio do pleno

Co fin de arroupar a intervención no mesmo da compañeira Lupe Ces quen falará en nome do Comité durante a presentación da Moción de Esquerda Unida en relación á Planta de Gas de Reganosa.

O grupo municipal de Esquerda Unida vai levar a situación de Reganosa ao próximo pleno municipal a través dunha moción, na que se reclama unha comisión de investigación para depurar as posibles responsabilidades pola posta en marcha da planta e ínstase a executar o seu peche. A formación dá este paso despois de que o Tribunal Supremo ditase sentencia declarando a nulidade da modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Mugardos que se realizou no seu día para instalar a regasificadora.

Tamén a Agrupación Socialista de Ferrol, emitiu un comunicado solicitando a paralización cautelar da Planta de Gas e a apertura no Parlamento Galego dunha comisión de Investigación sobre a súa instalación, denunciando a nova Lei de Costas, e instando á aprobación dunha Lei de Protección da Ría de Ferrol.

Acaban de comunicarme que o P€P€ atrasou
mañá ata as 10:00 h. o inicio do pleno
Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

2 comentarios:

Anónimo dijo...

O PSOE votou en contra da moción presentada por Esquerda Unida no Pleno de Ferrol, pedindo a paralización de Reganosa. A que xoga o Psoe?

Susete70 dijo...

INCRIBLE, a Executiva Local aproba un comunicado e os concelleir@s mudan o discurso en pro de REGANO$A. Van ter marexada interna de novo, agardemos que sexa un bo tsunami e que barra toda canta merda teñen :(