27 jul 2012

¡Apoloxía de Golpe de Estado?

O Coronel Francisco Alamán Castro, militar laureado e colaborador do Xornal Dixital (Integrista-católico), fai publicas as súas queixas do sistema e do goberno do Estado.

Penso que estas declaracións debían estar penadas e ser consideradas como "Apoloxía de Golpe de Estado".

Esta é a "merda" que bota pola boca


Fala dun encistamento dunha casta parasitaria que, na súa opinión, é a causa de moitos dos nosos males. Califica como preocupante a insensibilidade da dirixencia política española, que blinda os seus privilexios económicos mentres decenas de miles de españois comezan xa a pasar fame. ", e pregúntase, Quen ten collóns para parar a tanto 'chourizo'?, pois "existe un clamor de indignación na rúa" e que "o pobo español está canso de todos os políticos", polo que cre imprescindible unha redución da elefantiásica estrutura administrativa do Estado, así como a cancelación dos soldos vitalicios e a supresión das subvencións a partidos políticos e sindicatos.

Ata aquí as declaracións aparentan ser medio normal, pero remata falando deste outro xeito


"España está en fase terminal e é deber de todos salvala"

Di que os seus compañeiros amosan "Tristura e preocupación" ante as primeiras situacións de fame que se rexistran en España dende a posguerra civil e tamén pola demolición do estado de benestar creado polo réxime de Franco e que ao seu xuízo consistiron fundamentalmente na creación dunha robusta e acomodada clase media.

Ista é a merdo-nova http://www.alertadigital.com/2012/07/23/el-coronel-alaman-castro-sigue-hablando-alto-y-claro-alguien-tiene-que-tener-cojones-para-parar-tanto-choriceo/

Ante a pretensión do Ministerio de Defensa de que se castigue cunha falta leve de ata 14 días de arresto aos militares que expresen opinións que non se axusten á disciplina polas redes sociais ou correo electrónico. Ou que dean réplicas desatentas ou "razóns descompostas" aos seus superiores por esas vías. O Coronel Francisco Alamán, replicou adicindo


“Pedro Morenés non ten collóns a facerme calar”

Ista é a entrevista.

- Sorprendeuno o anuncio do ministro Pedro Morenés?
En absoluto. Levo anos dicindo que o PP sente máis odio cara aos militares que o PSOE. Co PP no Goberno, os militares sufrimos os maiores ataques e as peores leis. Non houbo un ministro peor para o Exército que Federico Trillo. As súas leis inmorais causaron un dano case irreparable á institución militar. Se repasa vostede as hemerotecas encontrará continuos exemplos que certifican o desprezo que os dirixentes do PP sentiron sempre cara ao estamento militar.

- Seguirá vostede escribindo en Alerta Dixital?
Por suposto. Terían que matarme para que non o fixese. O señor Morenés non ten collóns de facerme calar e evitar que siga dando as miñas opinións sobre o estado da nosa patria. Os militares temos algo que a maioría dos políticos da casta descoñecen: patriotismo e honra. Ese patriotismo e esa honra impélenos a actuar sempre baixo a esixencia do sentido do deber. E o deber dos militares é alertar da situación agónica que vive a nosa patria. Se, segundo a Constitución, somos os garantes da súa unidade e da súa seguridade, por que se pretende que calemos cando se está a poñer en serio perigo tanto a unidade da patria coma a seguridade dos españois? Iso é tan inverosímil coma se se pretendese que un médico non opinase sobre a saúde do seu paciente moribundo.

- Que opinión ten de Pedro Morenés, ministro de Defensa?
É un vividor. Non merece que lle dedique máis tempo.

- Que lle fai falta a este país para saír do tunel ao que foi conducido?

De entrada unha rexeneración moral da clase política. Cando se presenta o curriculum dalgún novo cargo público, dise que estivo en tal sitio e que estudou nesa outra universidade. Pero nunca nos din se ese cargo público ten sentido da honra ou se se trata dunha persoa decente. É por iso que moitos políticos non tragan os militares: representamos eses valores que eles non tiveron nin terán nunca.

- Cales son eses valores?
A honra, o sentido recto de deber, a disciplina moral, a austeridade, o amor a España e o valor do sacrificio, aínda nas circunstancias máis adversas. Salvo deshonrosas excepcións, somos aínda a conciencia limpa que non puideron torcer.

- En calquera caso, non deixa de sorprender que nun país onde opina todo o mundo, se queira impedir aos militares o exercicio dun dereito que recoñece a propia Constitución.
En efecto. pódese ofender a Deus, pódese insultar a España, queimar a súa bandeira, asubiar o seu himno, denigrar os heroes. Calquera imán en calquera mesquita pode defender as leis islámicas. Calquera artista pode denigrar as imaxes sagradas. Calquera etarra pode dar a súa opinión nos xornais... Todos teñen dereito a expresarse... menos os militares. Imaxine que acontecería se o Goberno ameazase con sancionar os representantes do colectivo gay que insultaran a Igrexa, unha institución na que se ven representados millóns de españois. Armaríase a de San Quintín. En cambio pídesenos a nós que calemos e ninguén sae ao paso.

- Sorpréndeo que cada vez máis españois reneguen da versión oficial sobre o franquismo?

En absoluto. Tiveron enganada moita xente durante anos, pero non se pode enganar sempre a todo o mundo. Calquera comparación co réxime de Franco deixaría moi mal parada a esta casta política. Aquela xente si que facía as cousas polo interese e o ben de todos. A altura moral daqueles ministros converte os de agora en ananos. Grazas á fortaleza desa clase media que se creou durante o franquismo, España tivo tranquilidade social todos estes anos. Iso xa se está a rematar, e por desgracia non temos outro estadista como Franco para que nos bote unha man.
Logo está a hipocrisía de querer enterrar a memoria de Franco, pero non a súa xigantesca obra. Esnaquízanse as estatuas de antes, pero consérvanse os paradores de turismo. Quítase o nome ás rúas dos franquistas, pero non os seus froitos en forma de industrias, pagas extraordinarias, seguridade social, pantanos, universidades populares, trens, aeroportos, autoestradas, portos pesqueiros, altos fornos e, sobre todo, unha grande clase media que nunca antes existira. Esta farsa xa se lles está a rematar. Por iso temen tanto as opinións dos que representan aínda a conciencia moral e patriótica daquela marabillosa época que deu paz, desenvolvemento económico e fortaleza moral aos españois.

A Fascisto-nova

Aínda que lle pese a este individuo o goberno lexítimo do Estado é o P€P€, unha cousa é estar ao 100% en desacordo con esa "tropa política" e as súas políticas ante sociais, e outra moi distinta é facer un chamamento na procura doutro Caudillo.

@s que pedimos un cambio de sistema cara a outro modelo social en ningún caso pretenderiamos nin permitiriamos este cambio a conta dun golpe.

Os cambios teñen que vir precedidos por unha revolta cívico-social que force a clase política a que se sente e faga a II Transición, esa que non se fixo, e que esta sexa cunha verdadeira democracia participativa do pobo e cara a outro modelo social, sostible.


Deixo este moi bo artigo en Ártabra21, escrito pola compañeira Lupe Cés.


Creative Commons LicenseThis obra by susete70 is licensed under a Creative Commons Reconocimiento-No comercial-Compartir bajo la misma licencia 3.0 España License.Wikio

No hay comentarios: